Pasotismo veciñal cos contedores de vexetais

Se nos fixamos, ao lado do contedor de residuos vexetais da zona sur da urbanización veremos unha montaña que vai medrando pouco a pouco pero sen cesar. Esa montaña está formada polos residuos non vexetais que repetidamente botamos no contedor de residuos vexetais e que repetidamente nos dixeron que non había que botar aí. A empresa debeu cansar de recollelos e optou finalmente por amontoados a un lado. Decisión lóxica e comprensible.

O asunto é realmente sinxelo:

  • Se levamos os residuos vexetais nunha bolsa de plástico, tiramos os vexetais ao contedor de vexetais e a bolsa de plástico ao contedor de plástico, que está a un metro de distancia.
  • Se queremos desfacernos de madeiras grandes, sillas, portas, televisións, etc, levámolas ao Punto Limpo, que está aquí. Abre de martes a venres de 10h a 13h e de 17h a 19h. E os sábados de 10h a 13h.
  • Se o que temos que tirar é demasiado voluminoso para que o poidamos levar nós mesmos no coche ao Punto Limpo, chamamos ao concello e eles xestionan a recollida coa empresa de lixo.

Tendo en conta o sinxelo que é e as veces que nos insistiron nesto desde o concello, costa entender que se siga facendo mal.

Mirade os de Recesende que curiosiños, parece que a eles non lles costa esforzarse en facelo ben:

Os contenedores de vexetais poden desaparecer

Desgraciadamente segue a haber xente que tira nos contenedores de residuos vexetais residuos que non son vexetais. Esto supón un problema para o Concello, ata o punto de que están a pensar na posibilidade de retiralos. Explícano en detalle na web do Concello: O Concello alerta de que terá que retirar as cubas colocadas para restos vexetais no caso de que se sigan utilizando de xeito inadecuado.

Máis sobre os contenedores vexetais

O Concello colgou na súa web información sobre os contenedores vexetais dos que falamos na entrada anterior; din, entre outras cousas…:

Dende o Departamento de Medio Ambiente alertan da necesidade de que se realice un bo uso destas novas cubas. Nestes días xa se tivo que vaciar algunha e os servizos de recollida atopáronse con restos inadecuados como ferros, restos de madeira, plásticos, rodas, pequenos electrodomésticos e ata bicicletas.

Respecto destes residuos cabe destacar que o Concello dispón dun servizo de recollida de voluminosos do que se pode facer uso chamando directamente ó teléfono 696 903 278. Neste número pódese indicar o que hai que recoller e o lugar.

Noticia completa na web do Concello.

Contenedor de residuos vexetais

contenedor residuos vexetais

Recentemente o Concello tivo a ben colocar na zona sur da urbanización este punto de recollida de restos vexetais que vemos na foto. É importante sinalar que en dito contenedor só se poden botar residuos vexetais, nada máis. De maneira que se levamos a herba, ramas ou o que sexa nunha bolsa en lugar de nun cesto reutilizable, teremos que valeirar o contido da bolsa no contenedor para residuos vexetais, e a propia bolsa teremos que tirala no contenedor adecuado: o amarelo.