Convocatoria para o Foro da Igualdade

O Concello de Teo convoca un Foro da igualdade ao que pode asistir calquera persoa interesada e ao que se convidou a diferentes colectivos sociais, entre eles a nosa asociación de veciños. Celebrarase no salón de plenos do Concello mañá 14 de outubro de 2015 entre 19.30 e 20.30h. Máis información na web do concello.

Acto contra a violencia de xénero

acto contra a violencia de xénero

A concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación Veciñal convidános a asistir aos actos contra a violencia de xénero este venres 21 de novembro de 2014 no local da sociedade recreativa Rosalía de Castro de Cacheiras ás 19.00 h. Lerase un manifesto institucional contra a violencia de xénero, proxectarase un audiovisual e representarase unha obra de teatro, ambos realizados polo IES de Cacheiras.