Cambio de data da sesión con Chévere

Comunicannos que o obradoiro teatral que Chévere ía realizar a vindeira semana, dirixido a homes maiores de 65 anos, cambia de data.

A nova data é o día 3 DE MARZO, ás 18h, no Centro Sociocultural da Ramallosa.

Práctica teatral co grupo Chévere

O grupo Chévere busca un home maior de 65 anos con dispoñibilidade para ensaiar e actuar con eles na súa próxima obra, “Eroski Paraíso”. Os interesados poden achegarse o martes 23 de febreiro de 2016 ás 18.00h ao CSC da Ramallosa.

Actualización: houbo un cambio de data: finalmente a sesión realizaráse o día 3 DE MARZO ás 18h, no Centro Sociocultural da Ramallosa.

Máis información sobre a proposta neste PDF.