Estes días un equipo de operarios está traballando na colocación dunha nova marquesiña para o bus escolar na zona norte…:
E na zona sur empezaron tamén as obras de construción da área de xogos:
Blog da asociación de veciños
Estes días un equipo de operarios está traballando na colocación dunha nova marquesiña para o bus escolar na zona norte…:
E na zona sur empezaron tamén as obras de construción da área de xogos:
Estes son os compoñentes da actual Xunta Directiva da asociación:
Presidente:
D. Fernando Antunes Varela, propietario do chalé 95
Vicepresidente:
D. Juan Carlos Alonso Bouza, propietario do chalé 106.
Secretario Administrador:
D. Marcelino Lema Piñeiro (Emecé Adm. de Fincas)
Recordamos que o correo da asociación é augasmansas@gmail.com.
Non asistiu xente suficiente á reunión convocada o luns pasado para organizar a sardiñada deste ano, de maneira que non se celebrará. E os inchables quedan pospostos ate novo aviso, en vista da previsión do tempo (“haberá precipitacións o xoves pola tarde, que poderán ser treboentas”).
O vindeiro luns ás 20.30h vaise facer unha reunión para formar a comisión da fogueira de San Xoán. Os interesados/as poden informarse tamén chamando ao 606 434 677 (chalet 148).
Publicamos as convocatorias para a reunión ordinaria da Asociación de Veciñas/os e para a reunión constitutiva da Comunidade de propietarias/os:
Data da reunión: mércores 15 de xuño de 2016
Hora de primera convocatoria: 20:00 h
Hora de segunda convocatoria: 20:30 h
Lugar da reunión: restaurante Pórtico, Trva. Cacheiras, 72 – Cacheira
ORDE DO DÍA
1.- Presentación peche contable exercicio 2015-2016 e aprobación se procede
2.- Presentación orzamento exercicio 2016-2017 e aprobación se procede
3.- Renovación xunta directiva
4.- Deudores da asociación de veciños. Medidas a tomar
5.- Recepción da urbanización. Licenzas urbanísticas de primeira ocupación.
6.- Decisións a tomar sobre a continuidade da asociación de veciños/as e a constitución da comunidade de propietarios/as das partes comúns da urb.
7.- Rogos e preguntas. Fogueira de san xoán: Sardiñada e inchables para os/as nenos/as (comisión ao respecto).
2.- Convocatoria da Xunta Xeral Constitutiva da Comunidade de propietarios/as da urbanización Augas Mansas
Data da reunión: mércores 15 de xuño de 2016
Hora de primeira convocatoria: 20:30 h
Hora de segunda convocatoria: 21:00 h
Lugar da reunión: restaurante Pórtico, Trva. Cacheiras, 72 – Cacheiras
ORDE DO DÍA
1.- Constitución da comunidade
2.- Elección da xunta directiva (presidente, vogais, administrador).
3.- Presentación orzamento inicial
4.- Elección da entidade bancaria e empresa de servizos (piscinas)
5.- Rogos e preguntas
O Concello de Teo presenta o programa da primeira edición do Festeo, unha xornada de festa, actividades e convivencia aberta á participación de todos os veciños e veciñas e tamén de persoas de fóra do municipio. A celebración terá lugar o domingo 5 de xuño na Carballeira de Francos (ver mapa de abaixo; está no centro), a partir do mediodía, e outórgalle un protagonismo especial ao tecido asociativo de Teo.
Haberá exhibicións, obradoiros, roteiros, teatro, música… toda a información en http://teo.gal/actualidade/nova.php?id=1735&lg=gal