Atopouse na urbanización un chaveiro con dúas chaves. Se alguén as bota en falta, que chame ao 605 88 48 85 que as teñen alí.
Learn from the experts: Create a successful blog with our brand new course
WordPress.com is excited to announce our newest offering: a course just for beginning bloggers where you’ll learn everything you need to know about blogging from the most trusted experts in the industry. We have helped millions of blogs get up and running, we know what works, and we want you to to know everything we know. This course provides all the fundamental skills and inspiration you need to get your blog started, an interactive community forum, and content updated annually.
Abriu a área de xogos
A semana pasada abriu a nova área de xogos de Augas Mansas. Información da páxina web do Concello:
A NOVA ÁREA DE XOGOS DE AUGAS MANSAS XA ESTÁ EN SERVIZO
28/09/2016
Hoxe entra en servizo a nova área de xogos de Augas Mansas. A nova infraestrutura lúdica está integrada por un parque infantil e unha pista deportiva, cunha zona verde contigua. O investimento na obra foi de case 52.500 euros, incluído o IVE. O Concello achegou o 40 % do diñeiro e a contía restante procede dunha convocatoria autonómica financiada con fondos Feader.
Para a construción do novo parque infantil escolléronse materiais que precisan un mantemento baixo, como o aluminio, elementos galvanizados ou polietileno, e que cumpren coas últimas normativas do sector. A pista deportiva está situada xusto a carón, pero delimitada por unha rede de protección. Os dous equipamentos contan con peches perimetrais diferenciados.No terreo contiguo, o Concello está acondicionando unha zona verde que ocupa uns 1.200 metros cadrados de superficie. Esta mañá prantáronse alí árbores de sombra e sementouse herba. Ata que a herba medre e o terreo compacte o suficiente, non se pode acceder a este espazo, que será equipado cunha mesa e dous bancos. En función do seu uso, o Concello contempla unha posible ampliación deste mobiliario o vindeiro ano.
O novo equipamento dá cobertura tanto á propia urbanización de Augas Manxas como a núcleos próximos como Vilar, Guldrís, As Laxes, Pedrouso, Requián, Constenla, Sisto, Cruces, Lamas, Monte ou mesmo Solláns, todos eles situados a menos dun quilómetro de distancia.
Cantando no serán
Recibimos un aviso de que o vindeiro 8 de outubro de 2016 ás 20.30 se celebrará na igrexa de San Francisco (Os Tilos) o X Encontro de Corais 2016, coa participación da Coral Rosario Acuña, o Grupo Vocal e Instrumental Atlántico e o Grupo de Canto Aleceia de Os Tilos.
Plano da área de xogos
Seguen a bo ritmo as obras de construción da área de xogos na zona sur de Augas Mansas, que terá columpios por un lado (torre, tobogán, rede, escada, randeeiras e muelles) e pista multideporte de 10 x 17 m por outro.
Se tedes interés podedes descargar o plano da área que nos enviou a concelleira de urbanismo, Uxía Lemus:
Resultados do foro Teo Decide
Abaixo podedes descargar o PDF coa acta relativa ao FORO DE DEVOLUCIÓN do programa TEO DECIDE: CAMIÑOS SEGUROS, que tivo lugar o pasado mes de maio e na que se dá conta dos resultados desta iniciativa, incorporando a información detallada das sendas que se van a executar durante o período 2016-2019 por parte da administración local.
O concello agradece a participación da veciñanza e “a vosa implicación, constituíndo TEO DECIDE unha aprendizaxe para todos/as, en canto á súa metodoloxía, contidos e debates, xa que a participación é un elemento de transformación que outorga maior lexitimidade ás actuacións públicas ao incoporar diferentes voces e reflexións colectivas.”
Obras marquesiña e área de xogos
Estes días un equipo de operarios está traballando na colocación dunha nova marquesiña para o bus escolar na zona norte…:
E na zona sur empezaron tamén as obras de construción da área de xogos:
Datos directiva 2016
Estes son os compoñentes da actual Xunta Directiva da asociación:
Presidente:
D. Fernando Antunes Varela, propietario do chalé 95
Vicepresidente:
D. Juan Carlos Alonso Bouza, propietario do chalé 106.
Secretario Administrador:
D. Marcelino Lema Piñeiro (Emecé Adm. de Fincas)
Recordamos que o correo da asociación é augasmansas@gmail.com.
San Xoán das nenas e nenos
Sen sardiñada 2016
Non asistiu xente suficiente á reunión convocada o luns pasado para organizar a sardiñada deste ano, de maneira que non se celebrará. E os inchables quedan pospostos ate novo aviso, en vista da previsión do tempo (“haberá precipitacións o xoves pola tarde, que poderán ser treboentas”).
Organización da fogueira de San Xoán
O vindeiro luns ás 20.30h vaise facer unha reunión para formar a comisión da fogueira de San Xoán. Os interesados/as poden informarse tamén chamando ao 606 434 677 (chalet 148).