Abriu a área de xogos

4 Outubro, 2016 by

A semana pasada abriu a nova área de xogos de Augas Mansas. Información da páxina web do Concello:

A NOVA ÁREA DE XOGOS DE AUGAS MANSAS XA ESTÁ EN SERVIZO
28/09/2016
Hoxe entra en servizo a nova área de xogos de Augas Mansas. A nova infraestrutura lúdica está integrada por un parque infantil e unha pista deportiva, cunha zona verde contigua. O investimento na obra foi de case 52.500 euros, incluído o IVE. O Concello achegou o 40 % do diñeiro e a contía restante procede dunha convocatoria autonómica financiada con fondos Feader.
Para a construción do novo parque infantil escolléronse materiais que precisan un mantemento baixo, como o aluminio, elementos galvanizados ou polietileno, e que cumpren coas últimas normativas do sector. A pista deportiva está situada xusto a carón, pero delimitada por unha rede de protección. Os dous equipamentos contan con peches perimetrais diferenciados.

No terreo contiguo, o Concello está acondicionando unha zona verde que ocupa uns 1.200 metros cadrados de superficie. Esta mañá prantáronse alí árbores de sombra e sementouse herba. Ata que a herba medre e o terreo compacte o suficiente, non se pode acceder a este espazo, que será equipado cunha mesa e dous bancos. En función do seu uso, o Concello contempla unha posible ampliación deste mobiliario o vindeiro ano.

O novo equipamento dá cobertura tanto á propia urbanización de Augas Manxas como a núcleos próximos como Vilar, Guldrís, As Laxes, Pedrouso, Requián, Constenla, Sisto, Cruces, Lamas, Monte ou mesmo Solláns, todos eles situados a menos dun quilómetro de distancia.

Advertisements

Cantando no serán

4 Outubro, 2016 by

Recibimos un aviso de que o vindeiro 8 de outubro de 2016 ás 20.30 se celebrará na igrexa de San Francisco (Os Tilos) o X Encontro de Corais 2016, coa participación da Coral Rosario Acuña, o Grupo Vocal e Instrumental Atlántico e o Grupo de Canto Aleceia de Os Tilos.

Plano da área de xogos

3 Setembro, 2016 by

Obras área de xogos, 2

Seguen a bo ritmo as obras de construción da área de xogos na zona sur de Augas Mansas, que terá columpios por un lado (torre, tobogán, rede, escada, randeeiras e muelles) e pista multideporte de 10 x 17 m por outro.

Se tedes interés podedes descargar o plano da área que nos enviou a concelleira de urbanismo, Uxía Lemus:

Plano da área de xogos de Augas Mansas [PDF, 109 KB]]

Resultados do foro Teo Decide

3 Setembro, 2016 by

Abaixo podedes descargar o PDF coa acta relativa ao FORO DE DEVOLUCIÓN do programa TEO DECIDE: CAMIÑOS SEGUROS, que tivo lugar o pasado mes de maio e na que se dá conta dos resultados desta iniciativa, incorporando a información detallada das sendas que se van a executar durante o período 2016-2019 por parte da administración local.

O concello agradece a participación da veciñanza e “a vosa implicación, constituíndo TEO DECIDE unha aprendizaxe para todos/as, en canto á súa metodoloxía, contidos e debates, xa que a participación é un elemento de transformación que outorga maior lexitimidade ás actuacións públicas ao incoporar diferentes voces e reflexións colectivas.”

Acta 2º Foro Camiños Seguros [PDF, 677 KB]

Obras marquesiña e área de xogos

31 Agosto, 2016 by

Estes días un equipo de operarios está traballando na colocación dunha nova marquesiña para o bus escolar na zona norte…:

29068810930_1fc5df541e_z

E na zona sur empezaron tamén as obras de construción da área de xogos:

29322705996_9ebd7d673c_z

Datos directiva 2016

28 Xullo, 2016 by

Estes son os compoñentes da actual Xunta Directiva da asociación:

Presidente:
D. Fernando Antunes Varela, propietario do chalé 95

Vicepresidente:
D. Juan Carlos Alonso Bouza, propietario do chalé 106.

Secretario Administrador:
D. Marcelino Lema Piñeiro (Emecé Adm. de Fincas)

Recordamos que o correo da asociación é augasmansas@gmail.com.

San Xoán das nenas e nenos

24 Xuño, 2016 by

Contra o previsto, onte finalmente houbo cacharela, e incluso unha mesiña con bebidas e piscolabis… grazas ás nenas e nenos de Augas Mansas, aos que non lles debeu parecer de recibo unha noite de San Xoán sen lume nin pinchos nin xuntanzas, e organizaron improvisadamente todo pola súa conta. Bravo!

27594841220_103b9e2d31

Sen sardiñada 2016

22 Xuño, 2016 by

Non asistiu xente suficiente á reunión convocada o luns pasado para organizar a sardiñada deste ano, de maneira que non se celebrará. E os inchables quedan pospostos ate novo aviso, en vista da previsión do tempo (“haberá precipitacións o xoves pola tarde, que poderán ser treboentas”).

Organización da fogueira de San Xoán

18 Xuño, 2016 by

O vindeiro luns ás 20.30h vaise facer unha reunión para formar a comisión da fogueira de San Xoán. Os interesados/as poden informarse tamén chamando ao 606 434 677 (chalet 148).

Convocatoria reunións 15 de xuño de 2016

6 Xuño, 2016 by

Publicamos as  convocatorias para a reunión ordinaria da Asociación de Veciñas/os e para a reunión constitutiva da Comunidade de propietarias/os:

1.- Convocatoria Xunta Xeral ordinaria da Asociación de Veciños/as Augas Mansas de Teo

Data da reunión: mércores 15 de xuño de 2016
Hora de primera convocatoria: 20:00 h
Hora de segunda convocatoria: 20:30 h
Lugar da reunión: restaurante Pórtico, Trva. Cacheiras, 72 – Cacheira

ORDE DO DÍA

1.- Presentación peche contable exercicio 2015-2016 e aprobación se procede
2.- Presentación orzamento exercicio 2016-2017 e aprobación se procede
3.- Renovación xunta directiva
4.- Deudores da asociación de veciños. Medidas a tomar
5.- Recepción da urbanización. Licenzas urbanísticas de primeira ocupación.
6.- Decisións a tomar sobre a continuidade da asociación de veciños/as e a constitución da comunidade de propietarios/as das partes comúns da urb.
7.- Rogos e preguntas. Fogueira de san xoán: Sardiñada e inchables para os/as nenos/as (comisión ao respecto).


2.- Convocatoria da Xunta Xeral Constitutiva da Comunidade de propietarios/as da urbanización Augas Mansas

Data da reunión: mércores 15 de xuño de 2016
Hora de primeira convocatoria: 20:30 h
Hora de segunda convocatoria: 21:00 h
Lugar da reunión: restaurante Pórtico, Trva. Cacheiras, 72 – Cacheiras

ORDE DO DÍA

1.- Constitución da comunidade
2.- Elección da xunta directiva (presidente, vogais, administrador).
3.- Presentación orzamento inicial
4.- Elección da entidade bancaria e empresa de servizos (piscinas)
5.- Rogos e preguntas