Abriu a área de xogos

A semana pasada abriu a nova área de xogos de Augas Mansas. Información da páxina web do Concello:

A NOVA ÁREA DE XOGOS DE AUGAS MANSAS XA ESTÁ EN SERVIZO
28/09/2016
Hoxe entra en servizo a nova área de xogos de Augas Mansas. A nova infraestrutura lúdica está integrada por un parque infantil e unha pista deportiva, cunha zona verde contigua. O investimento na obra foi de case 52.500 euros, incluído o IVE. O Concello achegou o 40 % do diñeiro e a contía restante procede dunha convocatoria autonómica financiada con fondos Feader.
Para a construción do novo parque infantil escolléronse materiais que precisan un mantemento baixo, como o aluminio, elementos galvanizados ou polietileno, e que cumpren coas últimas normativas do sector. A pista deportiva está situada xusto a carón, pero delimitada por unha rede de protección. Os dous equipamentos contan con peches perimetrais diferenciados.

No terreo contiguo, o Concello está acondicionando unha zona verde que ocupa uns 1.200 metros cadrados de superficie. Esta mañá prantáronse alí árbores de sombra e sementouse herba. Ata que a herba medre e o terreo compacte o suficiente, non se pode acceder a este espazo, que será equipado cunha mesa e dous bancos. En función do seu uso, o Concello contempla unha posible ampliación deste mobiliario o vindeiro ano.

O novo equipamento dá cobertura tanto á propia urbanización de Augas Manxas como a núcleos próximos como Vilar, Guldrís, As Laxes, Pedrouso, Requián, Constenla, Sisto, Cruces, Lamas, Monte ou mesmo Solláns, todos eles situados a menos dun quilómetro de distancia.

Advertisements

Lixo, piscina, zona verde: asuntos recorrentes

Algúns dos últimos comentarios feitos en augasmansas.com tratan asuntos recorrentes nas conversas entre veciños. Por exemplo, Santiago di:

a ver si nos enteramos que no se puede depositar basura al lado de los contenedores subterraneos, solo se puede depositar dentro y en cada uno lo que corresponda, estoy hasta las pelot… de encontarme la basura fuera de su sitio, los que la depositan son unos porcos, esa es una acera por donde pasan los vecinos y tiene que estar limpia, además, los de servicio de recogida de basura no tienen obligación de llevarse la que está fuera de los contenedores.

E ten razón, por suposto. Pero tamén hai que observar unha triste realidade: desde que hai un par de anos se fixo o cambio dos contenedores vellos polos novos soterrados –cambio que custou moitos, moitos miles de euros– é máis incómodo e difícil botar o lixo alí. O deseño dos contedores deixa moito que desexar: con frecuencia as bolsas non entran ben e hai que abrir e pechar a porta varias veces para que caian para abaixo, e a veces acaban baixando, pero outras non… de maneira que queda atascado e non se pode meter máis lixo dentro… e as bolsas acaban quedando fóra. Aquí hai que recordar que tan so cincuenta metros máis arriba destes contenedores soterrados, de luxo pero pouco eficaces polo seu deseño, hai outros máis baratos, dos grandes de plástico de toda a vida… máis feos e aparatosos quizáis, pero que funcionan perfectamente ben… alí se pode meter o lixo nas ocasións en que os outros estean atorados. Así facemos moitos veciños.

Por certo, cando se construiron estes contenedores soterrados a empresa instaladora colocou alí unha valla xigantesca con unha relación de datos sobre a instalación; prazos, prezos, empresa que o fixo… pasaron dous anos e esta valla aínda segue aí… ¿ata cando quedará?

Outro comentario recente é o de Chus:

Para cando a apertura das piscinas? Se se van vaciar para limpialas, recordamos que a piscina dos nenos faltanlle moitas pezas do gresite, que o ano pasado lastimaban, e a tapa do centro tamen se tiña que revisar, porque fixeranse varios cortes o rozarse con ela.

Haberá que telo en conta tamén. Esta empresa que nos leva o mantemento da piscina non se caracteriza precisamente por solucionar os problemas de motu propio cando aparecen. Recordemos por exemplo cando se estropearon as duchas; estiveron sen funcionar moitas semanas e houbo que pedirlles moitas veces (demasiadas, penso) que as arranxaran. Hai que estar encima e insistir. Esto das pezas do gresite xa se lles pediu o ano pasado, e algunhas cambiaron, alomenos na piscina grande (ou mellor sería dicir “na piscina menos pequena”, que grande, o que se di grande, non é ningunha).

Outra cousa que non se comentou na web pero da que seguro que moitos se fan preguntas é a zona verde. ¿Recordades cando hai anos falabamos nas asambleas de poñer un parque infantil nesta amplia e estupenda zona verde que temos, e moitos dicían de chiste que si, que o parque estaría listo cando os nosos pequenos fóran a universidade? O chiste vai convertindose en realidade. A urbanización está a piques de cumplir dez anos. Os nosos fillos medraron. A zona verde segue valeira. En vista de que concello, deputación… etc, non queren ou non poden axudarnos con esto, quizáis sería momento de pensar en poñer algo nós mesmos. Un par de bancos para poder sentarnos e aproveitar o lugar. Árbores. Un columpio. Algo.