Archive for the ‘xeral’ Category

Chaves atopadas

23 Outubro, 2016

Atopouse na urbanización un chaveiro con dúas chaves. Se alguén as bota en falta, que chame ao 605 88 48 85 que as teñen alí.

Advertisements

Cantando no serán

4 Outubro, 2016

Recibimos un aviso de que o vindeiro 8 de outubro de 2016 ás 20.30 se celebrará na igrexa de San Francisco (Os Tilos) o X Encontro de Corais 2016, coa participación da Coral Rosario Acuña, o Grupo Vocal e Instrumental Atlántico e o Grupo de Canto Aleceia de Os Tilos.

Organización da fogueira de San Xoán

18 Xuño, 2016

O vindeiro luns ás 20.30h vaise facer unha reunión para formar a comisión da fogueira de San Xoán. Os interesados/as poden informarse tamén chamando ao 606 434 677 (chalet 148).

Xa está aberta a piscina

1 Maio, 2016

As piscinas de Augas Mansas están aptas para o baño desde este pasado venres.

piscina de augas mansas

“Pazo de familia” en Augas Mansas

22 Febreiro, 2016

O equipo da serie “Pazo de Familia” da TVG infórmanos de que…:

[..] el equipo de exteriores va a estar grabando mañana día 23 de febrero en la antigua nave de Xorima Artesanía [mapa]. El horario estimado es a partir de las 9.30 h hasta las 14.30 h. En ese tiempo vamos a rodar cuatro secuencias para lo que tendremos que realizar, posiblemente y por motivos de ruidos, cortes intermitentes de tráfico rodado y de personas. Serían cortes de entre 2-4 minutos de duración, para los que hemos pedido los oportunos permisos al Concello, pero entendemos que los más afectados serán los vecinos de su urbanización puesto que ocuparíamos la calle que da a acceso a las viviendas y garajes.

De antemano queremos agradecerles su colaboración y paciencia. Esperamos no causar demasiadas molestias.

Cambio de data da sesión con Chévere

18 Febreiro, 2016
Comunicannos que o obradoiro teatral que Chévere ía realizar a vindeira semana, dirixido a homes maiores de 65 anos, cambia de data.

A nova data é o día 3 DE MARZO, ás 18h, no Centro Sociocultural da Ramallosa.

Panorámica de Augas Mansas

5 Decembro, 2015

Desde A Estivadiña. No Flickr da asociación pode verse a foto ampliada.

23533329285_4d3185b55d_b

Perdeuse Ali

6 Novembro, 2015
ali - cadela perdida

Cadela perdida

Convocatoria para o Foro da Igualdade

13 Outubro, 2015

O Concello de Teo convoca un Foro da igualdade ao que pode asistir calquera persoa interesada e ao que se convidou a diferentes colectivos sociais, entre eles a nosa asociación de veciños. Celebrarase no salón de plenos do Concello mañá 14 de outubro de 2015 entre 19.30 e 20.30h. Máis información na web do concello.

Convocatoria sardiñada 2015

22 Xuño, 2015

cacharela Clicando aquí podes ver o documento (PDF) coa convocatoria do presidente da asociación de veciños para participar na sardiñada 2015. Vémonos.