Esta fin de semana…

Facémonos eco de dúas actividades que terán lugar esta fin de semana en Teo:

Por unha banda, o Concello convoca á veciñanza a un novo roteiro interxeracional, esta vez por Recesende (en anteriores ocasións fíxose en Lampai ou Luou, por exemplo). Será este domingo 10 de xuño; saída ás 11:30 da escola de Recesende, chegada ás 13.30. A distancia a recorrer son 2 km e vai dirixido a persoas de entre 3 e 93 anos.

Outro asunto interesante é que (citamos de concellodeteo.com) o vindeiro sábado, 9 de xuño, inaugúrase o Mercado do Alimento Labrego, que terá carácter semanal e que se desenvolverá na praza contigua á Casa Común dos Tilos, entre as 10 e as 14 horas. O novo mercado é unha iniciativa de venda directa que lles ofrece aos cidadáns uns produtos fiables e de calidade e para os produtores da zona configúrase como unha alternativa de futuro e de xeración de emprego.

Máis información sobre o Mercado do Alimento Labrego aquí.

Os contenedores de vexetais poden desaparecer

Desgraciadamente segue a haber xente que tira nos contenedores de residuos vexetais residuos que non son vexetais. Esto supón un problema para o Concello, ata o punto de que están a pensar na posibilidade de retiralos. Explícano en detalle na web do Concello: O Concello alerta de que terá que retirar as cubas colocadas para restos vexetais no caso de que se sigan utilizando de xeito inadecuado.