Encontro da veciñanza na Piscina Municipal da Ramallosa

Imaxe

A Piscina da Ramallosa e mais a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación Veciñal convocan unha tarde para que os socios e sociais das asociacións veciñais poidan gozar de xeito gratuíto das seguintes actividades:

  • Piscina cuberta
  • Xogos para nenos na pista multideporte de 17:30 a 18:30
  • Sala de actividades, clases de ximnasia de media hora para adultos de 17:30 a 18:00 e de 18:00 a 18:30.

DIA 3 DE MAIO, SÁBADO TARDE, a partir das cinco.

Para participar nesta actividade, cómpre inscribirse e os/as veciños interesados/as poden poñerse en contacto con Xurxo Bértola, na casa 53 ou a través desta canle, para facelo.

Os Servizos Sociais de Teo organizan unha charla informativa sobre os recursos dispoñibles diante das novas problemáticas sociais

FACEBOOK

O Departamento de Benestar organiza unha charla informativa sobre as novas necesidades que existen na sociedade, moitas delas derivadas da brutal crise económica que vivimos e sobre os recursos públicos dos que se dispoñen. O acto público será o xoves 4 de abril ás 20:00 horas no salón de plenos.

Esta charla pretende ter un achegamento amplo ás novas problemáticas sociais e ademais de intervir unha persoa dos Servizos Sociais do Concello de Teo tamén participará a Asociación de Usuarios de Banca, Cajas y Seguros, ADICAE, e mais a Plataforma de Afectados pola Hipoteca PAH.

Deste xeito quérese dar resposta a preguntas como quen nos pode axudar se carecemos de recursos, que podemos facer antes os abusos dos bancos ou como podemos xestionar os problemas coa hipoteca.

Segundo explica Ignacio Iglesias, edil de Benestar, o perfil dos usuarios dos Servizos Sociais nos últimos tempos está mudando. Antes o habitual eran persoas de familias desestruturadas con problemas funcionais. Sen embargo cada vez máis se atende a persoas que nunca estiveron relacionadas con esta atención e os seus problemas veñen derivados dunha situación económica adversa. Trátase de xente que precisa axuda e moitas veces no sabe onde acudir, explica Iglesias.

Fonte: web do Concello de Teo

Campaña de voluntariado de acompañamento

A Concellaría de Benestar, Igualdade e Participación Veciñal anima a aquelas persoas maiores de 18 anos que teñan unha dispoñibilidade horaria de xeito habitual, polo menos dunha hora, a participar na campaña de voluntariado de acompañamento. Celebrarase unha reunión o vindeiro xoves 21 de febreiro ás 20:00 horas no salón de plenos do Concello. Máis información na entrada correspondente de concellodeteo.com.

Sendeirismo polo monte Piquiño

O concello de Teo organiza unha camiñada guiada (21 km, dificultade alta) para dar a coñecer o contorno de Monte Piquiño, con preto de 100 bens patrimoniais onde destacan os petróglifos e os xacementos megalíticos. Será o domingo 30 de setembro, todo o día. O punto de encontro é a igrexa de Cornide, ás 9.00 h. Hai que levar almorzo, pantalón longo e calzado axeitado. As inscricións pódense facer ata o día 27. Quen queira inscribirse ou máis información ten que chamar ao teléfono 981 815 700.

Mercado do alimento labrego nos Tilos

Recordamos que tódolos sábados pola mañá, no parque dos Tilos, celébrase o mercado do alimento labrego, onde podemos mercar patacas, repolos, cenorias, leitugas, mel, fariña, pan, galletas, etc, etc… todo “feito na casa”. Ademáis, por cada compra regálanche un boleto para o sorteo semanal dunha cesta (oronda, damos fe) de productos do mercado. Paga a pena.

Teo Limpo

O Concello presentou a semana pasada a nova campaña ‘Teo Limpo’, coa que pretende achegar aos cidadáns todas as posibilidades que lles ofrecen os servizos de recollida do lixo e de limpeza diaria para que así tamén teñan a oportunidade de fiscalizalos e reivindicar o seu cumprimento cando consideren que hai algún fallo no seu funcionamento.

A noticia na web do concello.
Folleto con información exhaustiva sobre o funcionamento do servizo de limpeza que temos contratado os teenses [PDF, 705 KB].

Visita aos montes do centro do concello

Facémonos eco desta convocatoria que nos envían desde o concello:

Estimados e estimadas  veciños :

Como de seguro sabedes hai esta en marcha un proceso para a instalación dun parque eólico nos montes de Teo. Tratase dun proxecto concedido a unha empresa do grupo, ou vinculada, Jealsa de Boiro, e  vai a suponer a instalación de 9 aeroxeneradores  de gran capacidade nos montes de Teo e Padrón, este último concello no linde con Lampai. As parroquias de Rarís, Lampai e Luou van a ser os lugares onde se instale este parque e os mais afectados  en primeiro lugar, aínda que va a ser visibles dende a maior parte do concello. O espazo onde se van a colocar é unha das zonas mais fermosas e mais descoñecidas doconcello. Este espazo esta plagado de Mamoas (hai mais de trinta catalogadas e outras moitas  que aínda non o están) de petroglifos  (cada pouco tempo  se localizan novos) e dunha riqueza paisaxistica e natural inédita para moitos e moitas veciños do concello.

É por isto, que esta concellería, xunto coas asociación de veciños de Lampai, Luou e Raris  organizamos unha  ruta de 7 km por este espazo para o vindeiro día 30, ás 17.30 horas. Rogamos que difundades esta información, xa que é importante coñecer este entorno antes de que mude para sempre.

Un saúdo

Ignacio Iglesias villar
Concellería de Benestar Social e Igualdade
Concello de Teo

Cartel anunciador da convocatoria [PDF, 33KB].