Teremos colectores subterráneos

E parece que pronto: O Concello instalará colectores subterráneos de recollida selectiva nos Tilos e en Augas Mansas.

Segundo o contrato, “o prazo de execución será de sesenta días naturais”.

Advertisements

¿Sardiñada 2010?

Como sabedes, a xente que viña organizando a sardiñada tódolos anos ata agora xa non pode seguir organizándoa. Pepe (chalet 44) animouse nun comentario feito onte aquí en augasmansas.com a tomar o relevo e adicar algo do seu tempo libre para tratar de organizala este ano. Obviamente esto é algo que non poderá facer el só, así que, por favor, calquera persoa que teña ganas de que esta festa nosa non desapareza e estea mínimamente animada a botar un cable, que deixe o seu nome abaixo nos comentarios, ou que escriba a augasmansas (arroba) gmail.com ou, preferiblemente, que chame a algún dos teléfonos que figuran no papel que poremos en tódolos buzóns de Augas Mansas esta mesma noite.

En canto aparezan uns poucos voluntarios xuntarémonos para tomar un café e organizar o asunto. Esta petición de axuda vai dirixida a tódolos veciños, incluidos, por suposto, os anteriores organizadores: sería moi de agradecer que algúns de vós vos apuntárades tamén, cando menos a ese café no que organizaremos a festa, para transmitirnos parte da sabedoría sanxoanil que fóchedes acumulando ao longo destes anos…

Actualización (5 de xuño): Xuntámonos uns cantos; quedamos mañá domingo ás 20.30 no Pórtico para empezar a organizar o asunto.

Shakespeare para ignorantes

shakespeare para ignorantes en teo

Recibimos aviso de Carme Hermida, a concelleira de cultura, de que este venres 4 de xuño ás 22:00 horas, o grupo de teatro Mofa e Befa, xunto con Quico Cadaval, representarán no Centro Sociocultural da Ramallosa (contiguo ao concello) a obra Shakespeare para ignorantes. Para non perdelo.

Sinopse: O aspecto inicial do espectáculo é o do produto didáctico en estado puro, recalcando a condición do público de colectivo carente duns concretos coñecementos. Dende esta transparencia expositiva, o primeiro que se desenvolverá na escena será a conferencia dun prestixioso profesor. Presumidamente, a conferencia pretende ser unha amena palestra para un público con coñecementos menos que básicos da imortal obra do conspicuo bardo. O profesor reclamará, para facer máis deleitosa a instrución que pretende inocular nas moleiras dos circustantes, o concurso de dous actores talentosísimos, máis temporalmente desempregados. Estes son MOFA&BEFA. (Sinopse completa na web de Mofa e Befa.)

Tamén falan desta actuación na Grileira, a web da Mediateca do Grilo: Revisitando a Shakespeare.

Lista de correo

lista de correo augas mansas

Hoxe recibimos os socios da Asociación Augas Mansas unha carta da xestoría que nos axuda cos asuntos administrativos e brocráticos.

Nesa carta había dous papeis. Un dos papeis era para informar da existencia do outro papel: “Adxúntase información para todos os veciños…”. No outro papel informábasenos brevemente de que “los vecinos que en años anteriores se habían encargado de organizar la fiesta de San Xoán que se venía celebrando todos los años, en esta ocasión no pueden organizarla.” Lo cual es, faltaría más, perfectamente comprensible.

La pena es que nos enteremos por carta, cada uno en su casita, sin la opción de responder a esto charlando, en grupo, reunidos, de manera que, en el mismo monento en el que nos enteráramos de que los viejos organizadores ya no organizarán la fiesta este año, tuviéramos posibilidad de reorganizar el asunto in situ y decir: pues venga, yo me acerco a comprar los chorizos, o yo puedo encargar las empanadas, o yo sí que quiero seguir echando un cabo organizando, o lo que fuera. De ter falado esto reunidos en persoa, a desbandada tería sido, seguro, menor, e a festa tería máis probabilidades de sobrevivir.

San Xoan a parte… en vista de que nos reunimos pouco últimamente, propoño que fagamos algo que pode axudar a que esteamos un pouco máis comunicados entre nós, en conxunto, como urbanización quero dicir; un pouco máis alá dos grupiños de amigos e veciños que haxa en cada zona de casas. Propoño que fagamos unha lista de correo para complementar as posibles reunións que fagamos en persoa. Para encher os ocos, grandes ou pequenos, que quedan entre reunión e reunión. Para quen non esté ao tanto, según a Wikipedia…:

Só poderán escribir e ler correos da lista aqueles que se apunten. ¡Animádevos!

Las listas de correo electrónico son un uso especial del correo electrónico que permite la distribución masiva de información entre múltiples usuarios de Internet a la misma vez. En una lista de correo se escribe un correo a la dirección de la lista (ej: silet@correo.org) y le llega masivamente a todas las personas inscritas en la lista […]

Máis información:
http://es.wikipedia.org/wiki/Lista_de_correo_electronico

Ben, pois todo aquel que estea interesado en apuntarse a esta lista de correo para poder falar, comentar, propoñer, discutir calquera asunto relacionado con Augas Mansas (San Xoán, a piscina, o autobús, e calquera cousa que se nos ocorra) por correo electrónico non ten máis que enviar un correo a augasmansas (arroba) gmail.com indicando o nome e o número de casa na que se vive. Despois recibirá un correo con instruccións técnicas para participar. É facil. Tan fácil, nin máis nin menos, como escribir un correo electrónico.

Residuos vexetais no punto limpo

Lemos a boa nova na web do Concello:

O Concello contrata a instalación dunha planta de tratamento de residuos vexetais no Punto Limpo. (21/04/2010)

O Concello de Teo ten adxudicada provisionalmente a construcción dunha planta de tratamento de residuos vexetais no punto limpo municipal. Esta actuación medioambiental está financiada na súa totalidade con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local -FEESL 2010-.

Esta obra encaixa cun dos eixes deste novo fondo, que prevía o financiamento de actuacións relacionadas coa xestión e o tratamento de residuos con criterios de sustentabilidade. A obra da planta de tratamento de residuos vexetais ten un orzamento de 75.471 € e un prazo de execución previsto de tres meses. Con esta actuación quérese dotar ao Concello dunha instalación para eliminar os residuos vexetais que pola súa natureza non encaixan dentro da recollida selectiva que xa se realiza actualmente.

A planta estará no entorno do punto limpo municipal e terá un espazo de 400 metros cadrados. A empresa adxudicataria terá que facer a cimentación e a base para despois pechar o espacio. A planta estará dividida en tres silos, separados por paneis de formigón, nos que se almacenarán os residuos unha vez triturados.

Esta obra permitirá realizar o primeiro paso do proceso de obtención de humus ou abono. Con esta instalación vén a minimizarse un problema a eliminación dos residuos vexetais conseguindo obter materia útil para outros usos. O tratamento de residuos vexetais é un sistema de tratamento e estabilización de residuos orgánicos, baseado na actividade microbiolóxica en condicións controladas das que se acaba obtendo substrato.

Augas Mansas desde o ceo

Así se vía Augas Mansas desde satélite no ano 2001:

augas mansas satelite 2001

Esta outra imaxe debe ser de arredor de 2007:

augas mansas desde satelite

Na imaxe de abaixo podemos apreciar a armónica proporción entre as dimensións da urbanización e as das piscinas. Mahía foi especialmente magnánima neste aspecto. Vemos tamén que o cuadrante noroeste, onde se construíron os adosados, está, sen dúbida, ben aproveitadiño.

Podes ver Augas Mansas directamente en Google Maps e incluso dar un paseo virtual polo concello.

Nova directiva

Na asemblea do pasado xoves 4 de febreiro de 2010 quedou designada a nova directiva, que está formada por José Manuel do chalé 152 52 (presidente), José Luis do 135 (vicepresidente) e Javier do 64 e Luis do 62, (vogais). Fernando Ginarte, da Gestoría Ginarte, queda no cargo de administrador.