Sobre as farolas, a cancha e a futura fonte

Recentemente o presidente da asociación de veciños, Fernando Antunes, reuniuse con Uxía Lemus, concelleira de urbanismo, vivenda e sostenibilidade do concello. Uxía informou a Fernando de que en breve realizarase a renovación das instalacións do alumeado público en Augas Mansas, dentro do proxecto de obras de renovación das instalacións de alumeado público exterior do concello de Teo que está previsto que comece no primeiro trimestre do 2018. En concreto, na nosa urbanización cambiaránse 105 luminarias (as novas serán led); tamén se renovarán os cadros de mando e se fará recableado e adaptación do alumeado á normativa existente.

Uxía pide que os veciños que detecten algunha das farolas actuais estropeada avisen no tlf 981 815 700 para que a empresa concesionaria pase a arranxala.

Fernando informou do mal estado do peche da cancha de xogos do parque: procederán a reparalo en breve. En canto á fonte que está pendente de instalación no parque, Uxía explica que debido á sequía, Augas de Teo está dando prioridade ao servizo de abastecemento ás vivendas nas que secou o pozo; cando o abastecemento a estes veciños quede resolto, procederán a instalación da fonte.

Advertisements

Organización da fogueira de San Xoán

O vindeiro luns ás 20.30h vaise facer unha reunión para formar a comisión da fogueira de San Xoán. Os interesados/as poden informarse tamén chamando ao 606 434 677 (chalet 148).

Convocatoria reunión no concello

Convocamos unha reunión para o luns día 15 de febrero de 2016 ás 20.00h no salón de plenos do concello de Teo. Asistirán o alcalde, a concelleira de urbanismo e o arquitecto do concello.
Trataránse os seguintes puntos:
  1. Formalización do contrato do servizo municipal de abastecemento de auga.
  2. Recepción da urbanización.
  3. Varios: beirarrúas, parque…

Resumo reunión AAVV con Concello

O pasado 6 de outubro celebrouse unha reunión entre as Asociacións de Veciños de Teo e o concelleiro de Benestar Social, Igualdade e Participación Veciñal, Ignacio Iglesias Villar. Nesta reunión informouse dos cambios que vai haber na vindeira convocatoria de subvencións de 2016. Para esta convocatoría haberá que presentar nos primeiros meses do ano un proxecto de actividades previstas sobre as que se pedirá a subvención. Haberá unha reunión en xaneiro, cando estea redactada a orde, para explicar a dinámica e a convocatoria en detalle.

Tamén se ofreceu desde o concello unha serie de charlas a impartir nas asociacións; sobre temas de saúde que as asociacións consideremos de interés (diabetes, envellecemento, xinecoloxía, coidado infantil, etc), sobre consumo enerxético, lei de montes, etc. Estas charlas serían de balde para as asociacións e se poden solicitar na concellería.

Convocatoria asemblea 18/06/12

Como sabedes, hai convocada unha asemblea para o vindeiro luns 18 de xuño ás 19.30h (e se non estábades enteirados, avisade, para que lle deamos o voso correo á gestoría). O PDF con dita convocatoria está aquí.

Nesta ocasión a reunión celebrarase nun sitio diferente ao habitual: no local da Asociación de Veciños A Baiuca, a carón do restaurante Neira. Máis ou menos onde está a flecha verde:

Vémonos alí.

Nota (18 de xuño): actualizamos o mapa para precisar mellor o lugar da reunión, seguindo as indicacións que Xurxo da nos comentarios. É no marcador azul.