Archive for the ‘piscina’ Category

A piscina en 2005

15 Xuño, 2017

junio-05_0011

Cando estaba a monte…

Advertisements

Obras na piscina infantil

27 Maio, 2017

Aviso: este luns 29/5/17 se iniciarán unhas pequenas obras de reparación na piscina dos nenos, que terminarán o mércores, se todo vai conforme o previsto.

Xa está aberta a piscina

1 Maio, 2016

As piscinas de Augas Mansas están aptas para o baño desde este pasado venres.

piscina de augas mansas

Porta das piscinas estropeada

4 Setembro, 2014
Con motivo da avería dunha das portas das piscinas na que quedou rota unha chave, e ante a dificultade de poder aproveitar o bombín desa pechadura, non vai quedar máis remedio que colocar unha nova. Mentres tanto a dita porta permanecerá candada e no seu caso, en canto estivesen feitas as copias das novas chaves, a partir da semana que vén, avisaríase para pasar a recollelas pola xestoría emecé, en horario de mañá, de 9.30 a 14.30 h.

 

Convocatoria de Asemblea Xeral Extraordinaria

6 Novembro, 2012

Prezado/a veciño/a,

Pola presente convocámoste á Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrará o vindeiro 8 de novembro no local da Asociación A Baiuca de Solláns, que amablemente nos cede de novo o seu espazo de xeito desinteresado para que poidamos realizar a nosa reunión, que comezará ás 19:30 en convocatoria única.

A orde do día da asemblea, determinada nos puntos 1 e 3 polas decisións da pasada Asemblea Ordinaria de 2012, é a seguinte:

  1. Revisión de propostas e elección da empresa de mantemento das nosas instalacións de piscina e xardín.
  2. Reparacións da piscina.
  3. Someter a votación a idoneidade de manter a celebración da noite de San Xoán por con­ta da nosa asociación.
  4. Novas sobre o proceso de recepción municipal da nosa urbanización.

O local da Asociación A Baiuca está preto do Restaurante Neira, en Solláns (ver plano). Dispón de amplo aparcadoiro.

Abriu a piscina

1 Xuño, 2012

A piscina da urbanización está aberta desde onte.

Lixo, piscina, zona verde: asuntos recorrentes

18 Maio, 2012

Algúns dos últimos comentarios feitos en augasmansas.com tratan asuntos recorrentes nas conversas entre veciños. Por exemplo, Santiago di:

a ver si nos enteramos que no se puede depositar basura al lado de los contenedores subterraneos, solo se puede depositar dentro y en cada uno lo que corresponda, estoy hasta las pelot… de encontarme la basura fuera de su sitio, los que la depositan son unos porcos, esa es una acera por donde pasan los vecinos y tiene que estar limpia, además, los de servicio de recogida de basura no tienen obligación de llevarse la que está fuera de los contenedores.

E ten razón, por suposto. Pero tamén hai que observar unha triste realidade: desde que hai un par de anos se fixo o cambio dos contenedores vellos polos novos soterrados –cambio que custou moitos, moitos miles de euros– é máis incómodo e difícil botar o lixo alí. O deseño dos contedores deixa moito que desexar: con frecuencia as bolsas non entran ben e hai que abrir e pechar a porta varias veces para que caian para abaixo, e a veces acaban baixando, pero outras non… de maneira que queda atascado e non se pode meter máis lixo dentro… e as bolsas acaban quedando fóra. Aquí hai que recordar que tan so cincuenta metros máis arriba destes contenedores soterrados, de luxo pero pouco eficaces polo seu deseño, hai outros máis baratos, dos grandes de plástico de toda a vida… máis feos e aparatosos quizáis, pero que funcionan perfectamente ben… alí se pode meter o lixo nas ocasións en que os outros estean atorados. Así facemos moitos veciños.

Por certo, cando se construiron estes contenedores soterrados a empresa instaladora colocou alí unha valla xigantesca con unha relación de datos sobre a instalación; prazos, prezos, empresa que o fixo… pasaron dous anos e esta valla aínda segue aí… ¿ata cando quedará?

Outro comentario recente é o de Chus:

Para cando a apertura das piscinas? Se se van vaciar para limpialas, recordamos que a piscina dos nenos faltanlle moitas pezas do gresite, que o ano pasado lastimaban, e a tapa do centro tamen se tiña que revisar, porque fixeranse varios cortes o rozarse con ela.

Haberá que telo en conta tamén. Esta empresa que nos leva o mantemento da piscina non se caracteriza precisamente por solucionar os problemas de motu propio cando aparecen. Recordemos por exemplo cando se estropearon as duchas; estiveron sen funcionar moitas semanas e houbo que pedirlles moitas veces (demasiadas, penso) que as arranxaran. Hai que estar encima e insistir. Esto das pezas do gresite xa se lles pediu o ano pasado, e algunhas cambiaron, alomenos na piscina grande (ou mellor sería dicir “na piscina menos pequena”, que grande, o que se di grande, non é ningunha).

Outra cousa que non se comentou na web pero da que seguro que moitos se fan preguntas é a zona verde. ¿Recordades cando hai anos falabamos nas asambleas de poñer un parque infantil nesta amplia e estupenda zona verde que temos, e moitos dicían de chiste que si, que o parque estaría listo cando os nosos pequenos fóran a universidade? O chiste vai convertindose en realidade. A urbanización está a piques de cumplir dez anos. Os nosos fillos medraron. A zona verde segue valeira. En vista de que concello, deputación… etc, non queren ou non poden axudarnos con esto, quizáis sería momento de pensar en poñer algo nós mesmos. Un par de bancos para poder sentarnos e aproveitar o lugar. Árbores. Un columpio. Algo.