Categoría: fotos
San Xoán das nenas e nenos
Augas Mansas agora… e en 1957
Na primeira imaxe, Augas Mansas e arredores na actualidade. Na de abaixo, a mesma zona no ano 1957. Clicando amplíanse. Como cambiou o panorama! Podedes ver o resto de Teo e de Galicia no visor de mapas.xunta.es; no menú que aparece na parte superior da ventana hai un icono verde, cara ao medio, que permite elixir o mapa a visualizar, o novo, o vello ou outros.
Fotos San Xoán 2013
Xa subimos as fotos da festa de San Xoán. Se tedes algunha máis e quederes que a incorporemos á galería, escribide a augasmansas arroba gmail.com.
Fotos do San Xoán 2012
Casi esquecemos poñelas. Aquí están as fotos da sardiñada deste ano.
Xúpiter e Venus
Últimamente pódense ver moi ben, e moi xuntos, Xúpiter e Venus. Están no oeste, mirando cara a Milladoiro, no lado oposto ao Pico Sacro. Son os dous puntos máis brillantes do ceo estes anoiteceres. Venus é o máis brillante, Xúpiter o outro. Ademáis, estes días acompáñaos a lúa crecente.
En construción
Neste enlace podedes ver algunhas imaxes de cando Augas Mansas estaba a ser construída, alá por 2002/03.
Se tedes máis fotos da urbanización podedes envialas ao noso correo para que as engadamos ao álbum de fotos.