Animadevoz

Compartimos esta convocatoria que acabamos de recibir:

A Asociación cultural Lúa Chea quere convidarvos a participar no Obradoiro ANIMADEVOZ que organizamos xunto coa Asociación Abeiro pola protección animal e que terá lugar o mércores 18 de outubro ás 18.00 horas na casa común dos Tilos.

22196086_971849539620162_2133163038475215534_n

Esta actividade ten como obxectivo achegar @s cativ@s e a quen non o son tanto, a importancia do respecto aos animais, así como fomentar a leitura no noso idioma.

O obradoiro consistirá nunha primeira parte na leitura de textos de autor@s galeg@s que dará paso a unha actividade para fomentar e incentivar a imaxinación e creatividades d@s meniñ@s.

Este obradoiro está destinado, nomeadamente, a meniñ@s até os nove anos aproximadamente.

Agardando contar con vós, recibide un cordial saúdo

Xunta Directiva AC Lúa Chea

Advertisements

Convocatoria reunións 15 de xuño de 2016

Publicamos as  convocatorias para a reunión ordinaria da Asociación de Veciñas/os e para a reunión constitutiva da Comunidade de propietarias/os:

1.- Convocatoria Xunta Xeral ordinaria da Asociación de Veciños/as Augas Mansas de Teo

Data da reunión: mércores 15 de xuño de 2016
Hora de primera convocatoria: 20:00 h
Hora de segunda convocatoria: 20:30 h
Lugar da reunión: restaurante Pórtico, Trva. Cacheiras, 72 – Cacheira

ORDE DO DÍA

1.- Presentación peche contable exercicio 2015-2016 e aprobación se procede
2.- Presentación orzamento exercicio 2016-2017 e aprobación se procede
3.- Renovación xunta directiva
4.- Deudores da asociación de veciños. Medidas a tomar
5.- Recepción da urbanización. Licenzas urbanísticas de primeira ocupación.
6.- Decisións a tomar sobre a continuidade da asociación de veciños/as e a constitución da comunidade de propietarios/as das partes comúns da urb.
7.- Rogos e preguntas. Fogueira de san xoán: Sardiñada e inchables para os/as nenos/as (comisión ao respecto).


2.- Convocatoria da Xunta Xeral Constitutiva da Comunidade de propietarios/as da urbanización Augas Mansas

Data da reunión: mércores 15 de xuño de 2016
Hora de primeira convocatoria: 20:30 h
Hora de segunda convocatoria: 21:00 h
Lugar da reunión: restaurante Pórtico, Trva. Cacheiras, 72 – Cacheiras

ORDE DO DÍA

1.- Constitución da comunidade
2.- Elección da xunta directiva (presidente, vogais, administrador).
3.- Presentación orzamento inicial
4.- Elección da entidade bancaria e empresa de servizos (piscinas)
5.- Rogos e preguntas

Convocatoria “Teo decide: Camiños seguros”.

Reproducimos a mensaxe do concello recibida no correo da asociación de veciños:

Dende o goberno do concello de Teo, cremos na necesidade de traballar para ampliar os espazos de decisión da sociedade deste concello. TEO DECIDE é a denominación que escollimos para visibilizar o programa de traballo destinado a fomentar a participación dos seus veciños e veciñas na planificación dos seus servizos e proxectos. Dentro desta liña decidimos comezar por unha das necesidades mais sentidas por parte da cidadanía teense, a de contar con unha rede de sendas peonís que faciliten os desprazamentos a pé, de xeito seguro e cómodo. Nace así TEO DECIDE: CAMIÑOS SEGUROS, co obxectivo céntrase no deseño de sendas peonís que permitan á veciñanza de Teo desprazarse dun sitio a outro a pé ou en bicicleta, nas mellores condicións de seguridade e benestar.

Despois de recompilar datos sobre a mobilidade no concello e contrastar a información coas asociacións veciñais, abrimos agora un período de recepción de propostas de sendas sobre as que poder traballar no Foro Aberto á cidadanía que se celebrará o 12 de marzo.

A idea é que coas achegas das asociacións veciñais, as propostas de sendas que cheguen a través desta vía e o traballo que fagamos no Foro Aberto, poidamos contar cunha relación de sendas posíbeis ordenadas por prioridade.

Para enviarnos as propostas de sendas non tedes máis que cubrir a ficha que adxuntamos. O prazo de recollida de propostas rematará o 26 de febreiro.

Se tes calquera dúbida, podes contactar connosco a través do correo teodecide (arroba) concellodeteo.com ou nos teléfonos: 609 909 564, 627 570 943, 629 747 336

MOITAS GRAZAS POLA TÚA COLABORACIÓN

Práctica teatral co grupo Chévere

O grupo Chévere busca un home maior de 65 anos con dispoñibilidade para ensaiar e actuar con eles na súa próxima obra, “Eroski Paraíso”. Os interesados poden achegarse o martes 23 de febreiro de 2016 ás 18.00h ao CSC da Ramallosa.

Actualización: houbo un cambio de data: finalmente a sesión realizaráse o día 3 DE MARZO ás 18h, no Centro Sociocultural da Ramallosa.

Máis información sobre a proposta neste PDF.

 

Aula formativa sobre a factura la luz

Recibimos esta convocatoria de ADICAE:

cartel taller factura luz adicae

Invitación para aula formativa:
Coñece a túa factura de electricidade e aprende a reducila.

ADICAE, Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas e Seguros, desenvolve esta aula co apoio da Consellería de Economía e Industria e o Instituto Galego de Consumo.

O taller ten como obxectivo informar os cidadáns acerca dos abusos na súa factura eléctrica e as posibilidades de reclamación e resarcimiento de que dispoñen, pero ademais, informarase sobre as últimas novidades no sector tras a reforma eléctrica.

Día: Mércores, 28 de outubro de 2015
Hora: 18:00
Lugar: Casa Común dos Tilos