Contra o previsto, onte finalmente houbo cacharela, e incluso unha mesiña con bebidas e piscolabis… grazas ás nenas e nenos de Augas Mansas, aos que non lles debeu parecer de recibo unha noite de San Xoán sen lume nin pinchos nin xuntanzas, e organizaron improvisadamente todo pola súa conta. Bravo!
Categoría: convivencia
O Concello chama á participación veciñal
O Concello de Teo chama á participación veciñal para o Foro TEO DECIDE: CAMIÑOS SEGUROS, que terá lugar o día 19 de maio no Salón de Plenos do Concello, dende as 20:00 ata as 21:00 horas.
Máis información: http://teo.gal/actualidade/nova.php?id=1727&lg=gal
O lixo mellor dentro dos contedores
Esto é o que pasa cando os contedores soterrados da zona norte se atoran (cousa frecuente debido ao seu mal deseño) e algunhas persoas deixan as bolsas de lixo no chan. Que veñen os cans e as destrozan e queda todo espallado. Un pouco máis arriba, frente as marquesiñas, hai máis contedores; non son tan bonitos nin caros pero si son máis eficientes e raramente están a tope. Por favor, cando as bolsas non entren nos contedores soterrados, levémolas aos contedores frente as marquesiñas, están a 50 m…
Unha paradiña para confraternizar antes do Nadal
Xuntanza de confraternidade entre veciños previa ao Nadal
Esta é unha proposta dunha veciña da nosa comunidade que nace como unha iniciativa de encontro social informal entre veciños en estación de chuvias e antes dunhas datas tan significativas.
Atopar a oportunidade de charlar, coñecernos (nalgún caso), expoñer ideas de interese común, ademáis de disfrutar en compañia dun ambiente distendido… ven vale unha paradiña, non cres?
Datos da xuntanza:
Día 30 de novembro
Lugar: Restaurante Portico (Cacheiras)
Hora: 21:00
O punto de reunión é elexido sin un compromiso de gasto, e onde cada un pagará a súa consumición.