Convocatoria “Teo decide: Camiños seguros”.

Reproducimos a mensaxe do concello recibida no correo da asociación de veciños:

Dende o goberno do concello de Teo, cremos na necesidade de traballar para ampliar os espazos de decisión da sociedade deste concello. TEO DECIDE é a denominación que escollimos para visibilizar o programa de traballo destinado a fomentar a participación dos seus veciños e veciñas na planificación dos seus servizos e proxectos. Dentro desta liña decidimos comezar por unha das necesidades mais sentidas por parte da cidadanía teense, a de contar con unha rede de sendas peonís que faciliten os desprazamentos a pé, de xeito seguro e cómodo. Nace así TEO DECIDE: CAMIÑOS SEGUROS, co obxectivo céntrase no deseño de sendas peonís que permitan á veciñanza de Teo desprazarse dun sitio a outro a pé ou en bicicleta, nas mellores condicións de seguridade e benestar.

Despois de recompilar datos sobre a mobilidade no concello e contrastar a información coas asociacións veciñais, abrimos agora un período de recepción de propostas de sendas sobre as que poder traballar no Foro Aberto á cidadanía que se celebrará o 12 de marzo.

A idea é que coas achegas das asociacións veciñais, as propostas de sendas que cheguen a través desta vía e o traballo que fagamos no Foro Aberto, poidamos contar cunha relación de sendas posíbeis ordenadas por prioridade.

Para enviarnos as propostas de sendas non tedes máis que cubrir a ficha que adxuntamos. O prazo de recollida de propostas rematará o 26 de febreiro.

Se tes calquera dúbida, podes contactar connosco a través do correo teodecide (arroba) concellodeteo.com ou nos teléfonos: 609 909 564, 627 570 943, 629 747 336

MOITAS GRAZAS POLA TÚA COLABORACIÓN

Convocatoria reunión no concello

Convocamos unha reunión para o luns día 15 de febrero de 2016 ás 20.00h no salón de plenos do concello de Teo. Asistirán o alcalde, a concelleira de urbanismo e o arquitecto do concello.
Trataránse os seguintes puntos:
  1. Formalización do contrato do servizo municipal de abastecemento de auga.
  2. Recepción da urbanización.
  3. Varios: beirarrúas, parque…

Resumo reunión AAVV con Concello

O pasado 6 de outubro celebrouse unha reunión entre as Asociacións de Veciños de Teo e o concelleiro de Benestar Social, Igualdade e Participación Veciñal, Ignacio Iglesias Villar. Nesta reunión informouse dos cambios que vai haber na vindeira convocatoria de subvencións de 2016. Para esta convocatoría haberá que presentar nos primeiros meses do ano un proxecto de actividades previstas sobre as que se pedirá a subvención. Haberá unha reunión en xaneiro, cando estea redactada a orde, para explicar a dinámica e a convocatoria en detalle.

Tamén se ofreceu desde o concello unha serie de charlas a impartir nas asociacións; sobre temas de saúde que as asociacións consideremos de interés (diabetes, envellecemento, xinecoloxía, coidado infantil, etc), sobre consumo enerxético, lei de montes, etc. Estas charlas serían de balde para as asociacións e se poden solicitar na concellería.