Archive for the ‘concello’ Category

somos.teo.gal

5 Maio, 2017

somos-teo

Abre somos.teo.gal. Así presenta o Concello esta plataforma de participación cidadá:

«O Concello de Teo presenta a plataforma de participación cidadá Somos Teo (http://somos.teo.gal) como unha ferramenta de interacción directa coa cidadanía. Nesta nova ferramenta web poderanse achegar opinións e consultas pero tamén se tomarán decisións sobre debates presentados dende as diferentes concellarías.

O primeiro debate sobre o que os/as teenses decidirán será a escolla do novo logo municipal. Dende o venres 5 de maio, que estará operativa a plataforma, ata o 30 de xuño, calquera persoa censada en Teo maior de dezaseis anos poderá emitir o seu voto a favor dunha das tres propostas posibles.

Para participar nesta nova plataforma pódese facer sen rexistrarse que só poderás ver o contido dos debates ou dándose de alta como usuario. Deste xeito ademais de poder participar nos debates abertos ou votar poderanse enviar consultas ou suxestións de xeito que a persoa poderá ver o estado da súa consulta ata que quede solucionada e pechada.

Dende o goberno municipal acordouse convocar á cidadanía a través da plataforma Somos Teo para decidir cal será a nova imaxe do Concello. Trátase de buscar un novo logo actualizado que se irá utilizando nos diferentes soportes nos que debe estar identificado o Concello. Esta nova imaxe non sustituirá o escudo.
logo-teo.png
Despois de convocar a varias empresas de deseño ás que se lle pediu que traballasen sobre os petróglifos de Teo xurdiron tres propostas. A votación deste novo logo estará aberta entre o 5 de maio e o 30 de xuño. Durante este tempo as persoas que precisen axuda técnica para votar poderán facelo na aula de informática municipal ou na mediateca do Grilo.

Tamén haberá espazos habilitados para coñecer a plataforma e poder votar en lugares de concentración de persoas como a festa do picantón en Rarís ou o Festeo en Calo.»

Advertisements

Casa común de Cacheiras

4 Maio, 2017

Hoxe ás 20h inaugúrase a nova Casa común de Cacheiras, ubicada na Travesía de Cacheiras nº 38 (onde estaba a libraría O trasno viaxeiro). Máis información na web do Concello. Cartel anunciador do evento (PDF), que contará coa presenza do humorista Lois Pérez.

Informamos tamén de que mañá venres 5 de maio ás 18h proxectarase a película En construcción, de José Luis Guerín, na Casa común (biblioteca) de Os Tilos. Máis información.

E o vindeiro 21 de maio ás 11h terá lugar un roteiro participativo entre Campos de Mirabel e o Faramello: cartel con toda a información (PDF).

Xa funciona o TeoBus

5 Abril, 2017

Desde este luns 3 de abril.

Toda a información na web do Concello.
Mapa de paradas (PDF).
Horarios (PDF).

Abriu a área de xogos

4 Outubro, 2016

A semana pasada abriu a nova área de xogos de Augas Mansas. Información da páxina web do Concello:

A NOVA ÁREA DE XOGOS DE AUGAS MANSAS XA ESTÁ EN SERVIZO
28/09/2016
Hoxe entra en servizo a nova área de xogos de Augas Mansas. A nova infraestrutura lúdica está integrada por un parque infantil e unha pista deportiva, cunha zona verde contigua. O investimento na obra foi de case 52.500 euros, incluído o IVE. O Concello achegou o 40 % do diñeiro e a contía restante procede dunha convocatoria autonómica financiada con fondos Feader.
Para a construción do novo parque infantil escolléronse materiais que precisan un mantemento baixo, como o aluminio, elementos galvanizados ou polietileno, e que cumpren coas últimas normativas do sector. A pista deportiva está situada xusto a carón, pero delimitada por unha rede de protección. Os dous equipamentos contan con peches perimetrais diferenciados.

No terreo contiguo, o Concello está acondicionando unha zona verde que ocupa uns 1.200 metros cadrados de superficie. Esta mañá prantáronse alí árbores de sombra e sementouse herba. Ata que a herba medre e o terreo compacte o suficiente, non se pode acceder a este espazo, que será equipado cunha mesa e dous bancos. En función do seu uso, o Concello contempla unha posible ampliación deste mobiliario o vindeiro ano.

O novo equipamento dá cobertura tanto á propia urbanización de Augas Manxas como a núcleos próximos como Vilar, Guldrís, As Laxes, Pedrouso, Requián, Constenla, Sisto, Cruces, Lamas, Monte ou mesmo Solláns, todos eles situados a menos dun quilómetro de distancia.

Plano da área de xogos

3 Setembro, 2016

Obras área de xogos, 2

Seguen a bo ritmo as obras de construción da área de xogos na zona sur de Augas Mansas, que terá columpios por un lado (torre, tobogán, rede, escada, randeeiras e muelles) e pista multideporte de 10 x 17 m por outro.

Se tedes interés podedes descargar o plano da área que nos enviou a concelleira de urbanismo, Uxía Lemus:

Plano da área de xogos de Augas Mansas [PDF, 109 KB]]

Licitada a área de xogos

31 Maio, 2016

Tantos, tantos anos pasaron que xa parecía imposible…: por fin saiu publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a licitación da “área de xogos” de Augas Mansas. Aquí o documento PDF.

Novas sobre as licenzas de primeira ocupación

14 Maio, 2016

En teo.gal: O Concello de Teo vén de outorgar o pasado mes de abril unha licenza de primeira ocupación en Augas Mansas.

En La Voz de Galicia: Teo abre a vía para regularizar as vivendas de Augas Mansas.

O Concello chama á participación veciñal

10 Maio, 2016

O Concello de Teo chama á participación veciñal para o Foro TEO DECIDE: CAMIÑOS SEGUROS, que terá lugar o día 19 de maio no Salón de Plenos do Concello, dende as 20:00 ata as 21:00 horas.

Máis información: http://teo.gal/actualidade/nova.php?id=1727&lg=gal

 

Charlas de saúde

12 Abril, 2016

Programación de charlas sobre saúde que organiza o concello de Teo e asociación Terra:

unnamed

Día internacional da muller

5 Marzo, 2016

Desde o concello envíannos o cartel coas actividades de celebración do día das mulleres:

diadasmulleres2016.jpg

A estas actividades hai que engadir a estrea da obra do grupo de teatro do instituto de Cacheiras que se fará no local sociocultural da Ramallosa o día 17 de marzo ás 20.00 horas.