Campaña de recollida de xoguetes para o Nadal

Este ano máis ca nunca, moitos nenos e nenas van ter moi difícil recibir un agasallo durante o Nadal. O Concello de Teo e máis Preotección Civil organizan unha campaña de recollida de xoguetes para os cativos e cativas das familias menos favorecidas das nosas vilas e lugares.

Trátase de entregar aqueles xoguetes que sendo novos ou que estean en bo estado, os nosos fillos non precisen ou non queiran, e doalos para que se repartan entre aquel*s que doutro xeito non terían ningún.

A recollida realizarase durante estes horarios:

Luns, mércores e venres de 20:30 a 21:30
Os xoves de 19:00 a 20:00
Lugar: Local da Asociación de Veciños Baiuca (Solláns)

Grazas anticipadas pola vosa colaboración. Agora, a ilusión de moitos cativos e cativas É COUSA DE TOD*S.

Organización da sardiñada 2012


Todas as persoas interesadas en que este ano se celebre sardiñada e queiran botar unha man na organización na medida que poidan, por favor, que pasen pola rotonda que está sobre a piscina este xoves 21 ás 20:30 h.

Se podedes axudar moito, estupendo, pero se só podedes axudar un pouquiño tampouco deixedes de vir: calquera axuda será benvida, e se montamos a cousa entre uns cantos o traballo será máis rápido e sinxelo. Se non podedes acercarvos o xoves á noite pola rotonda, pero aínda así podedes e queredes botar un cable o sábado pola tarde, podedes avisarnos por correo electrónico ou comentárllelo a algún dos membros da directiva. ¡Vémonos!

San Xoán e sardiñada 2011

Estimados veciños: quedamos para celebrar a noite de San Xoán, onde sempre, o día 23 a partir das 10:00 da noite. A sardiñada celebrarase o día seguinte, venres 24, a partir das 10:00 da noite. As persoas que queiran colaborar nos traballos da sardiñada poden acudir o venres a partir das 18:00 ao campo da festa.