Celebración Samaín

Estamos pensando en organizar algo para o Samaín (a maiores da típica petición de caramelos que organizan desde sempre os pequenos): quen teña gana de participar ou aportar algunha idea, que se poña en contacto con Fernando no nº 95, por favor, ou que comente aquí mesmo. Saúdos.

Advertisements

San Xoán das nenas e nenos

Contra o previsto, onte finalmente houbo cacharela, e incluso unha mesiña con bebidas e piscolabis… grazas ás nenas e nenos de Augas Mansas, aos que non lles debeu parecer de recibo unha noite de San Xoán sen lume nin pinchos nin xuntanzas, e organizaron improvisadamente todo pola súa conta. Bravo!

27594841220_103b9e2d31

Festeo 2016

O Concello de Teo presenta o programa da primeira edición do Festeo, unha xornada de festa, actividades e convivencia aberta á participación de todos os veciños e veciñas e tamén de persoas de fóra do municipio. A celebración terá lugar o domingo 5 de xuño na Carballeira de Francos (ver mapa de abaixo; está no centro), a partir do mediodía, e outórgalle un protagonismo especial ao tecido asociativo de Teo.

Haberá exhibicións, obradoiros, roteiros, teatro, música… toda a información en http://teo.gal/actualidade/nova.php?id=1735&lg=gal

13308162_1150003931717909_3111399757150075715_o-1

Feira da Terra

Recibimos este convite da Asociación de Veciñ@s Carballeira de San Martiño:

Boa tarde compañeir@s!!

Dende a AAVV Carballeira do San Martiño é un orgullo para nós convidarvos á Feira da Terra que se celebrará o día 28 de xuño, dende as 11:00 horas na ancestral Carballeira do San Martiño (Rúa de Francos-Calo-Teo).

Nesta feira daranse cita agricultores, gandeir@s, viticultores, artes@ns… que, ao longo de todo o día, expoñerán os seus produtos ecolóxicos e/ou artesanais e na que contaremos con diferentes actividades de animación ao longo do día.

Axuntamos o cartel para que vexades todas as actividades e actuacións que se sucederán ao longo do día. Rogamos a máxima difusión entre os vosos asociados e sobre todo esperamos a vosa compañía neste día.

Un saúdo,

A Comisión da Feira da Terra
AAVV Carballeira do San Martiño