Algo se vai mellorando, pero desplazarse en bus a Santiago non acaba de ser fácil para os veciños de Augas Mansas. Por unha banda seguimos sen horario nas marquesiñas. Non se sabe cando pasa o bus. Incomprensiblemente, porque sen algo tan sinxelo como un horario visible, o servizo queda claramente coxo. Para enterarse non queda outra que preguntar a algún veciño informado ou consultar os horarios en internet, non precisamente claros e usables. Por outra banda, vimos de saber que a tan publicitada Tarxeta Xente Nova, que ofrece “realizar todas as viaxes interurbanas gratuítas” aos menores de 19 anos, non cubre o traxecto entre Os Tilos e Santiago que tantos augamansinos utilizamos, pois, pese a ser poboacións pertencentes a distintos concellos, non se considera viaxe interurbana…
Categoría: bus
Martes 13 de Novembro. Marcha cívica de alumnos do IES residentes en Augas Mansas, Predouso e Vilar
Moitos dos pais e nais dos alumnos que estudan no IES Cacheiras saben que hai un movemento cidadá para solicitar á Xunta de Galicia o servizo de autobús escolar que, por motivos de distancia, non corresponde legalmente.
Os pais e nais sabemos tamén que a distancia non é, efectivamente, o problema, senón a seguridade dos rapaces e rapazas durante o itinerario, pois a maioría de viais da contorna carecen de beirarrúas. Un colectivo de máis de vinte familias solicitamos este servizo, pero a Xunta denegouno aténdose á casuística legal da distancia.
Para continuar premendo, o vindeiro martes 13 de novembro, convócase por parte deste colectivo a todos os estudantes do IES residentes na zona para que as 8:10 da mañá se concentren na marquesiña norte da urbanización (Pedrouso) para, desde alí, e acompañados pola policía local, realizaren o percorrido ata o instituto. Deste xeito, os dirixentes do concello poderán obter un informe técnico no que se valorarán as carencias de seguridade deste itinerario e poder elevalo ao goberno galego. Esperemos que esta acción cívica sirva para facer patente de vez a necesidade deste servizo por parte da Administración.
Animámosvos a que os vosos fillos participen desta acción. Lembrade:
Lugar: Marquesiña norte da Urbanización Augas Manasas (Pedrouso)
Hora: 8:10 am
Participantes: alumnos e alumnas do IES de Cacheiras da zona
Condicións: irán acompañados dunha patrulla da policía local
Horarios do bus de/a Santiago (setembro 2012)
Os horarios actuais (setembro 2012) da liña de bus Santiago-Verxeles son, segundo lemos na web de Transporte metropolitano de Galicia:
Os Verxeles -> Santiago
Santiago -> Os Verxeles