Organización da sardiñada

Esta tarde comezaremos a colocar os bártulos da sardiñada a partir das 19h. Se queredes pasar a axudar a colocar as mesas, asar, traer leña, etc, estaremos onde sempre. Vémonos alí.

Advertisements

Información sobre a lista de correo

Estamos reactivando á lista de correo da asociación en googlegroups. Pode ser de utilidade para tratar asuntos entre asemblea e asemblea. Algún dato sobre a lista, para quen non estea ao tanto:

¿Qué é a lista de correo de Augas Mansas?

É un medio de comunicación de grupos; un sistema de distribución que fai que tódalas mensaxes enviadas a un enderezo sexan automáticamente reenviadas aos correos de todas as persoas suscritas á lista.

Concretamente no noso caso, tódalas mensaxes enviadas a augasmansas@googlegroups.com serán recibidas por tódolos veciños suscritos á lista.

¿Cómo me suscribo á lista?

Solicitándoo no correo de contacto da asociación. Hai un único requisito para poder entrar na lista: ser veciño/a de Augas Mansas. No correo que nos envíes simplemente tes que indicarnos o número de chalet no que vives.

¿Cómo sei que unha mensaxe provén da lista de correo?

Tódalas mensaxes que se envíen á lista se identificarán coa etiqueta [augasmansas], que aparecerá sempre, automáticamente, no campo “asunto”.

¿Que ocorre se contesto a unha mensaxe da lista de correo?

O feito de que unha mensaxe leve no asunto a etiqueta [augasmansas] implica que dita mensaxe foi rebcibida por tódolos veciños. E se respondedes a esa mensaxe, tódolos veciños leerán a vosa resposta. Se o que queredes é escribir un correo só para a directiva, escribide ao correo de contacto da asociación. Se queredes que o lean todos os veciños, enviádeo a augasmansas@googlegroups.com.

¿Calquera pode enviar mensaxes á lista de correo de Augas Mansas?

Non, só poderán enviar mensaxes a augasmansas@googlegroups.com as persoas que estean suscritas á lista.

¿Quen pode ler as mensaxes da lista?

Só poderán ler as mensaxes da lista de correo as persoas que estean suscritas. É unha lista privada; os non suscritos non poden acceder a ela.

¿Como me dou de baixa da lista de correo?

Aquí: http://groups.google.com/group/augasmansas/subscribe
Se con ese enlace non o consigues, escribe ao correo de contacto da asociación e o facemos nós mesmos.

Organización da sardiñada 2012


Todas as persoas interesadas en que este ano se celebre sardiñada e queiran botar unha man na organización na medida que poidan, por favor, que pasen pola rotonda que está sobre a piscina este xoves 21 ás 20:30 h.

Se podedes axudar moito, estupendo, pero se só podedes axudar un pouquiño tampouco deixedes de vir: calquera axuda será benvida, e se montamos a cousa entre uns cantos o traballo será máis rápido e sinxelo. Se non podedes acercarvos o xoves á noite pola rotonda, pero aínda así podedes e queredes botar un cable o sábado pola tarde, podedes avisarnos por correo electrónico ou comentárllelo a algún dos membros da directiva. ¡Vémonos!

Convocatoria asemblea 18/06/12

Como sabedes, hai convocada unha asemblea para o vindeiro luns 18 de xuño ás 19.30h (e se non estábades enteirados, avisade, para que lle deamos o voso correo á gestoría). O PDF con dita convocatoria está aquí.

Nesta ocasión a reunión celebrarase nun sitio diferente ao habitual: no local da Asociación de Veciños A Baiuca, a carón do restaurante Neira. Máis ou menos onde está a flecha verde:

Vémonos alí.

Nota (18 de xuño): actualizamos o mapa para precisar mellor o lugar da reunión, seguindo as indicacións que Xurxo da nos comentarios. É no marcador azul.

¿Interesados en adecentar as casas?

Poñemos aquí un comentario que María fixo na entrada anterior, para darlle máis visibilidade, posto que é de interés xeral. Di María:

Gustaríame saber se nesta urbanización hai veciños aos que lle interesa adecentar a casa (limpar os canalóns, reparar as gretas do cotegrán, impermeabilizar a pedra, colocar e sellar ben os recolledores da auga que parten co cumio do tellado, pintar, …).

Se así fose -e esta pregunta vai para a Directiva da Asociación-¿Poderíase facer unha consulta sobre o número de interesados nesta actuación e, en función do mesmo, pedir presuposto individualizado a algunha ou algunhas empresas?

Se o número das vivendas a rehabilitar fose representativo, é de supoñer que poderíamos conseguir un prezo moito mais favorable.