DomingoenBICI

Recibimos aviso de que hoxe mesmo a Asociación Cívica Composcleta celebrará un novo DomingoenBICI, toda a información aquí:

http://composcleta.blogspot.com.es/2017/10/22-de-novembro-2017-domingoenbici.html

Advertisements

Encontro da veciñanza na Piscina Municipal da Ramallosa

Imaxe

A Piscina da Ramallosa e mais a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación Veciñal convocan unha tarde para que os socios e sociais das asociacións veciñais poidan gozar de xeito gratuíto das seguintes actividades:

  • Piscina cuberta
  • Xogos para nenos na pista multideporte de 17:30 a 18:30
  • Sala de actividades, clases de ximnasia de media hora para adultos de 17:30 a 18:00 e de 18:00 a 18:30.

DIA 3 DE MAIO, SÁBADO TARDE, a partir das cinco.

Para participar nesta actividade, cómpre inscribirse e os/as veciños interesados/as poden poñerse en contacto con Xurxo Bértola, na casa 53 ou a través desta canle, para facelo.

Os Servizos Sociais de Teo organizan unha charla informativa sobre os recursos dispoñibles diante das novas problemáticas sociais

FACEBOOK

O Departamento de Benestar organiza unha charla informativa sobre as novas necesidades que existen na sociedade, moitas delas derivadas da brutal crise económica que vivimos e sobre os recursos públicos dos que se dispoñen. O acto público será o xoves 4 de abril ás 20:00 horas no salón de plenos.

Esta charla pretende ter un achegamento amplo ás novas problemáticas sociais e ademais de intervir unha persoa dos Servizos Sociais do Concello de Teo tamén participará a Asociación de Usuarios de Banca, Cajas y Seguros, ADICAE, e mais a Plataforma de Afectados pola Hipoteca PAH.

Deste xeito quérese dar resposta a preguntas como quen nos pode axudar se carecemos de recursos, que podemos facer antes os abusos dos bancos ou como podemos xestionar os problemas coa hipoteca.

Segundo explica Ignacio Iglesias, edil de Benestar, o perfil dos usuarios dos Servizos Sociais nos últimos tempos está mudando. Antes o habitual eran persoas de familias desestruturadas con problemas funcionais. Sen embargo cada vez máis se atende a persoas que nunca estiveron relacionadas con esta atención e os seus problemas veñen derivados dunha situación económica adversa. Trátase de xente que precisa axuda e moitas veces no sabe onde acudir, explica Iglesias.

Fonte: web do Concello de Teo

Campaña de voluntariado de acompañamento

A Concellaría de Benestar, Igualdade e Participación Veciñal anima a aquelas persoas maiores de 18 anos que teñan unha dispoñibilidade horaria de xeito habitual, polo menos dunha hora, a participar na campaña de voluntariado de acompañamento. Celebrarase unha reunión o vindeiro xoves 21 de febreiro ás 20:00 horas no salón de plenos do Concello. Máis información na entrada correspondente de concellodeteo.com.

Unha paradiña para confraternizar antes do Nadal

Nadal2012

Xuntanza de confraternidade entre veciños previa ao Nadal
Esta é unha proposta dunha veciña da nosa comunidade que nace como unha iniciativa de encontro social informal entre veciños en estación de chuvias e antes dunhas datas tan significativas.
Atopar a oportunidade de charlar, coñecernos (nalgún caso), expoñer ideas de interese común, ademáis de disfrutar en compañia dun ambiente distendido… ven vale unha paradiña, non cres?

Datos da xuntanza:

Día 30 de novembro
Lugar: Restaurante Portico (Cacheiras)
Hora: 21:00

O punto de reunión é elexido sin un compromiso de gasto, e onde cada un pagará a súa consumición.

Campaña de recollida de xoguetes para o Nadal

Este ano máis ca nunca, moitos nenos e nenas van ter moi difícil recibir un agasallo durante o Nadal. O Concello de Teo e máis Preotección Civil organizan unha campaña de recollida de xoguetes para os cativos e cativas das familias menos favorecidas das nosas vilas e lugares.

Trátase de entregar aqueles xoguetes que sendo novos ou que estean en bo estado, os nosos fillos non precisen ou non queiran, e doalos para que se repartan entre aquel*s que doutro xeito non terían ningún.

A recollida realizarase durante estes horarios:

Luns, mércores e venres de 20:30 a 21:30
Os xoves de 19:00 a 20:00
Lugar: Local da Asociación de Veciños Baiuca (Solláns)

Grazas anticipadas pola vosa colaboración. Agora, a ilusión de moitos cativos e cativas É COUSA DE TOD*S.