Festa de verán (San Xoán) 2014

DSC_1371

O venres 27 de xuño celebraremos a festa de verán de 2014. Para xs cativxs haberá inchables na zona das piscinasa partir das 18:00 ata as 21:00 h e logo a cea que quedou pendente da noite do San Xoán, segundo se acordou pola veciñanza. Mentres, os maiores organizamos a festa-velada da sempre.

NON TE PERDAS A FESTA DE AUGAS MANSA DE 2014,

Sardiñas, chourizos e mais empanada para todxs !!!

Datos directiva 2014

Estes son @s compoñentes da actual Xunta Directiva da asociación para que os veciños poidan contactar con eles cando o precisen:

 

Presidente:

D. Juan Carlos Alonso Bouza, propietario do chalé 106.

Vocais:

D. Fernando Antunes Varela, propietario do chalé 95

Dª. Monserrat Abelleiro Cusido, propietaria do chalé 101

D. Melvin Manuel Morales, propietario do chalé 36

Secretario Administrador: D. Marcelino Lema Piñeiro (Emecé Adm. de Fincas)

 

Recordamos que o correo da asociación é augasmansas@gmail.com.

Acordos da reunión da Comisión de San Xoán 2014

Na reunión da veciñanza de Augas Mansas do 19 de xuño de 2014 para tratar sobre a organización da fogueira de San Xoán e debido ao mal tempo que semella aveciñarse (cunha alta probabilidade de chuvia para o luns día 23 segundo as últimas previsións que poden consultarse p.e. no seguinte enlace) acórdase deixar a festa-sardiñada para o vindeiro venres día 27 e, se fose posible, a noite do luns 23 facer só o tradicional lume.

En canto aos hinchables para os «peques», xa que logo non poden utilizarse ao mollarse nin 5 minutos, montaríanselles tamén o mesmo venres.

Por outra parte, respecto a algunhas inquedanzas pola contratación dun seguro especial e á marxe do seu alto custo considerase que aínda que poidera ser recomendable non sería preciso xa que a responsabilidade por solicitar a autorización do lume é só para o cumprimento das normas de sentido común destas fogueiras, que toda a veciñanza deberá respectar para que esta celebración popular transcurra coa mesma normalidade ca sempre e que se recordan a continuación:

NORMAS DA ALCALDÍA DO CONCELLO DE TEO
DE OBRIGADO CUMPRIMENTO PARA A
FOGUEIRA DE SAN XOÁN

O Departamento de Medio Ambiente do Concello de Teo informa sobre as normas para as fogueiras da noite de San Xoán:

1ª) O solicitante será o responsable do cumprimento das presentes Normas

2ª) O volume do combustible da fogueira non sobrepasará os 8 metros de perímetro e os 3 metros de altura.

3ª) A separación entre as fogueiras e os edificios e árbores serán como mínimo de 12 metros

4ª) Terase especial coidado de non situalas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, así como de que non arredores non exista ningún local no que se almacenen productos inflamabeis.

5ª) Prohibirase a queima de pneumáticos, plásticos, espumas de poliuretano, aceites, etc, e en xeral de calquera sustancia que ó arder desprenda fume tóxico.

6ª) En ningún caso se botarán ó lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprays), aínda que estean baleiros.

7ª) No suposto de que a fogueira se faga sobre terreos de uso público enlousados, os organizadores encargaranse de protexer o pavimento cunha capa de area de, alomenos, 10 cms.

8ª) Ó finalizar a fogueira e antes de abandonar o lugar da mesma, os responsables da organización coidarán de que as cinzas queden totalmente apagadas e comprométese a retirar do lugar da celebración todos os restos que queden nun prazo máximo de 48 horas.

Resumo da Xunta Xeral Ord. do 5 de xuño de 2014

LogoAugasMansas

En Cacheiras, a 5 de xuño de 2014, reúnense los propietarios da Asociación de Veciños da urbanización Augas Mansas en Xunta Xeral Ordinaria convocada polo presidente no restaurante Pórtico.

Aberto o acto ás 20:35 horas en segunda convocatoria, procédese consonte á orde do día.

 

1. PRESENTACIÓN PECHE CONTABLE E APROBACIÓN DO MESMO SE PROCEDE

O administrador presenta o peche contable do exercicio 2013-2014. Entrégase o estado de contas do exercicio referido aos propietarios asistentes.

Logo de explicar o peche contable, réndese conta das facturas polas que se interesan algúns propietarios. Unha vez explicadas dichas facturas, se decide aprobar por unanimidade o peche contable do exercicio 2013-2014.

 

2. PRESENTACIÓN DOS ORZAMENTOS DO EXERCICIO 2014-2015 E APROBACIÓN DO MESMO SE PROCEDEO administrador propón aos propietarios presentes, dado que a economía da asociación está saneada, manter as mesmas cotas un exercicio máis.

Lévase a votación e decídese por unanimidade manter as mesmas cotas para o vindeiro exercicio 2014-2015.

 

3. DEBEDORES ASOCIACIÓN. MEDIDAS A TOMAR

Infórmase dos debedores da comunidade e da antigüidade dalguna das débedas. Ábrese un longo debate no que se fan diversas e variadas propostas, votándose as mesmas e resulta aprobada a seguinte:

Solicitar informe xurídico para ver se é viable e legal liberar de responsabilidade aos actuais propietarios que estean ao corrente de pagamento das cotas desde que son propietarios e intentar reclamar a débeda aos anteriores propietarios.

 

4. RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA

Presenta a dimisión a actual Xunta directiva y comeza un debate para a presentación de candidatos. Finalmente, preséntanse e resultan electos/as a seguinte Xunta Directiva:

Presidente:

D. Juan Carlos Alonso Bouzas, propietario do chalé 106.

Vocais:

D. Fernando Antunes Varela, propietario do chalé 95

Dª. Monserrat Abelleiro Cusido, propietaria do chalé 101

D. Melvin Manuel Morales, propietario do chalé 36

Secretario Administrador: D. Marcelino Lema Piñeiro (Emecé Adm. de Fincas)

 

5. PROPOSTAS E PREGUNTAS

Faise entrega aos presentes dun extracto de normas de uso da piscina que será enviado a todos os propietarios.