En teo.gal: O Concello de Teo vén de outorgar o pasado mes de abril unha licenza de primeira ocupación en Augas Mansas.
En La Voz de Galicia: Teo abre a vía para regularizar as vivendas de Augas Mansas.
Blog da asociación de veciños
O Concello de Teo chama á participación veciñal para o Foro TEO DECIDE: CAMIÑOS SEGUROS, que terá lugar o día 19 de maio no Salón de Plenos do Concello, dende as 20:00 ata as 21:00 horas.
Máis información: http://teo.gal/actualidade/nova.php?id=1727&lg=gal
Programación de charlas sobre saúde que organiza o concello de Teo e asociación Terra:
Xa están traballando na construción das beirrarúas que unirán Augas Mansas co Sisto:
Desde o concello envíannos o cartel coas actividades de celebración do día das mulleres:
A estas actividades hai que engadir a estrea da obra do grupo de teatro do instituto de Cacheiras que se fará no local sociocultural da Ramallosa o día 17 de marzo ás 20.00 horas.
Recibimos do concello a convocatoria para o Foro Cidadán do programa Teo decide: camiños seguros, que terá lugar o sábado 12 de marzo a partir das 10:30 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello.
– PDF coa convocatoria.
– PDF co resumo dos encontros previos celebrados en xaneiro e febreiro.
O equipo da serie “Pazo de Familia” da TVG infórmanos de que…:
[..] el equipo de exteriores va a estar grabando mañana día 23 de febrero en la antigua nave de Xorima Artesanía [mapa]. El horario estimado es a partir de las 9.30 h hasta las 14.30 h. En ese tiempo vamos a rodar cuatro secuencias para lo que tendremos que realizar, posiblemente y por motivos de ruidos, cortes intermitentes de tráfico rodado y de personas. Serían cortes de entre 2-4 minutos de duración, para los que hemos pedido los oportunos permisos al Concello, pero entendemos que los más afectados serán los vecinos de su urbanización puesto que ocuparíamos la calle que da a acceso a las viviendas y garajes.
De antemano queremos agradecerles su colaboración y paciencia. Esperamos no causar demasiadas molestias.
A nova data é o día 3 DE MARZO, ás 18h, no Centro Sociocultural da Ramallosa.
Reproducimos a mensaxe do concello recibida no correo da asociación de veciños:
Dende o goberno do concello de Teo, cremos na necesidade de traballar para ampliar os espazos de decisión da sociedade deste concello. TEO DECIDE é a denominación que escollimos para visibilizar o programa de traballo destinado a fomentar a participación dos seus veciños e veciñas na planificación dos seus servizos e proxectos. Dentro desta liña decidimos comezar por unha das necesidades mais sentidas por parte da cidadanía teense, a de contar con unha rede de sendas peonís que faciliten os desprazamentos a pé, de xeito seguro e cómodo. Nace así TEO DECIDE: CAMIÑOS SEGUROS, co obxectivo céntrase no deseño de sendas peonís que permitan á veciñanza de Teo desprazarse dun sitio a outro a pé ou en bicicleta, nas mellores condicións de seguridade e benestar.
Despois de recompilar datos sobre a mobilidade no concello e contrastar a información coas asociacións veciñais, abrimos agora un período de recepción de propostas de sendas sobre as que poder traballar no Foro Aberto á cidadanía que se celebrará o 12 de marzo.
A idea é que coas achegas das asociacións veciñais, as propostas de sendas que cheguen a través desta vía e o traballo que fagamos no Foro Aberto, poidamos contar cunha relación de sendas posíbeis ordenadas por prioridade.
Para enviarnos as propostas de sendas non tedes máis que cubrir a ficha que adxuntamos. O prazo de recollida de propostas rematará o 26 de febreiro.
Se tes calquera dúbida, podes contactar connosco a través do correo teodecide (arroba) concellodeteo.com ou nos teléfonos: 609 909 564, 627 570 943, 629 747 336
MOITAS GRAZAS POLA TÚA COLABORACIÓN