Limpeza zona verde

Esta mañá presentamos por rexistro no Concello a solicitude de limpeza da zona verde da urbanización. Como sabedes, a zona verde divídese en varias parcelas; unha delas é de propiedade municipal, outra pertence a un particular. O concello corta a herba perdiódicamente na zona que lle corresponde, pero a persoa propietaria da zona privada non, de maneira que a día de hoxe a altura da maleza supera nalgúns puntos os dous metros. Confiamos que con esta solicitude o problema quede solucionado en breve.

Piscinas temporalmente pechadas

Debido a obras de mantemento urxente, as piscinas da urbanización permanecerán pechadas durante estos días, e non será posible utilizalas. En ditas obras estanse utilizando productos químicos, que poden afectar á calidade da auga.

Infórmannos de que a data de apertura está prevista para o vindeiro venres 4 de xuño.

Campaña do Concello para ensinar a combater a nespra asiática

O Concello inicia unha campaña para combater a nespra asiática e a súa incidencia no termo municipal. A planificación desta iniciativa local quere adaptarse a cada época do ano para que a prevención sexa máis eficaz e minimizar a presenza desta especie invasora no noso territorio.

A primeira acción será unha charla aberta á veciñanza hoxe sábado 13 de xaneiro ás 19:00 horas no Salón de plenos da que se encargará o entomólogo Lolo Andrade.

A información completa pódese ler na web do Concello.

Sobre as farolas, a cancha e a futura fonte

Recentemente o presidente da asociación de veciños, Fernando Antunes, reuniuse con Uxía Lemus, concelleira de urbanismo, vivenda e sostenibilidade do concello. Uxía informou a Fernando de que en breve realizarase a renovación das instalacións do alumeado público en Augas Mansas, dentro do proxecto de obras de renovación das instalacións de alumeado público exterior do concello de Teo que está previsto que comece no primeiro trimestre do 2018. En concreto, na nosa urbanización cambiaránse 105 luminarias (as novas serán led); tamén se renovarán os cadros de mando e se fará recableado e adaptación do alumeado á normativa existente.

Uxía pide que os veciños que detecten algunha das farolas actuais estropeada avisen no tlf 981 815 700 para que a empresa concesionaria pase a arranxala.

Fernando informou do mal estado do peche da cancha de xogos do parque: procederán a reparalo en breve. En canto á fonte que está pendente de instalación no parque, Uxía explica que debido á sequía, Augas de Teo está dando prioridade ao servizo de abastecemento ás vivendas nas que secou o pozo; cando o abastecemento a estes veciños quede resolto, procederán a instalación da fonte.