Algo se vai mellorando, pero desplazarse en bus a Santiago non acaba de ser fácil para os veciños de Augas Mansas. Por unha banda seguimos sen horario nas marquesiñas. Non se sabe cando pasa o bus. Incomprensiblemente, porque sen algo tan sinxelo como un horario visible, o servizo queda claramente coxo. Para enterarse non queda outra que preguntar a algún veciño informado ou consultar os horarios en internet, non precisamente claros e usables. Por outra banda, vimos de saber que a tan publicitada Tarxeta Xente Nova, que ofrece “realizar todas as viaxes interurbanas gratuítas” aos menores de 19 anos, non cubre o traxecto entre Os Tilos e Santiago que tantos augamansinos utilizamos, pois, pese a ser poboacións pertencentes a distintos concellos, non se considera viaxe interurbana…
