somos.teo.gal

by

somos-teo

Abre somos.teo.gal. Así presenta o Concello esta plataforma de participación cidadá:

«O Concello de Teo presenta a plataforma de participación cidadá Somos Teo (http://somos.teo.gal) como unha ferramenta de interacción directa coa cidadanía. Nesta nova ferramenta web poderanse achegar opinións e consultas pero tamén se tomarán decisións sobre debates presentados dende as diferentes concellarías.

O primeiro debate sobre o que os/as teenses decidirán será a escolla do novo logo municipal. Dende o venres 5 de maio, que estará operativa a plataforma, ata o 30 de xuño, calquera persoa censada en Teo maior de dezaseis anos poderá emitir o seu voto a favor dunha das tres propostas posibles.

Para participar nesta nova plataforma pódese facer sen rexistrarse que só poderás ver o contido dos debates ou dándose de alta como usuario. Deste xeito ademais de poder participar nos debates abertos ou votar poderanse enviar consultas ou suxestións de xeito que a persoa poderá ver o estado da súa consulta ata que quede solucionada e pechada.

Dende o goberno municipal acordouse convocar á cidadanía a través da plataforma Somos Teo para decidir cal será a nova imaxe do Concello. Trátase de buscar un novo logo actualizado que se irá utilizando nos diferentes soportes nos que debe estar identificado o Concello. Esta nova imaxe non sustituirá o escudo.
logo-teo.png
Despois de convocar a varias empresas de deseño ás que se lle pediu que traballasen sobre os petróglifos de Teo xurdiron tres propostas. A votación deste novo logo estará aberta entre o 5 de maio e o 30 de xuño. Durante este tempo as persoas que precisen axuda técnica para votar poderán facelo na aula de informática municipal ou na mediateca do Grilo.

Tamén haberá espazos habilitados para coñecer a plataforma e poder votar en lugares de concentración de persoas como a festa do picantón en Rarís ou o Festeo en Calo.»

Advertisements

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s