Contra o previsto, onte finalmente houbo cacharela, e incluso unha mesiña con bebidas e piscolabis… grazas ás nenas e nenos de Augas Mansas, aos que non lles debeu parecer de recibo unha noite de San Xoán sen lume nin pinchos nin xuntanzas, e organizaron improvisadamente todo pola súa conta. Bravo!

Alédame saber que @s nen@s de Augas Mansas queren manter a tradición milenaria de recibir o verán coa festa da luz e a amizade. A moit@s de nós xa nos é imposible recuperar a inocencia infantil que algún día tivemos. Como membro das comisións organizadoras dos últimos cinco anos, a min teríame gustado celebrar unha festa coa miña veciñanza, pero este é o colectivo que temos, somos o colectivo que somos (máis propietarios que veciños) e, coido eu, recollemos o que sementamos. Sorte que os nenos da nosa aldea urbanita aínda saben pasar dos seus maiores. Sempre queda a esperanza. Oxalá sigan así e que cando tomen o relevo poidan facelo moito mellor do que o fixemos nós. En fin, seguro que algunhas persoas volveremos a vernos na próxima aprobación de contas da flamante comunidade de propietarios que por fin conseguimos constituír. Con todo, non deberiamos deixar que a asociación de veciños esmoreza, porque é útil para nós e para o resto do Concello, pero actualmente teño dúbidas sobre a nosa capacidade de evitalo. Espero equivocarme, sinceramente. Bo verán a tod@s.
A verdade é que o fixeron xenial, disfrutaron un montón e puidemos saltar a cacharela!! Lástima que este ano non se fixera sardiñada coma sempre, a ver si así nos poñemos as pilas e para o ano axudamos entre todos (eu incluída!) e recuperamos!!