Convocatoria reunión no concello

by
Convocamos unha reunión para o luns día 15 de febrero de 2016 ás 20.00h no salón de plenos do concello de Teo. Asistirán o alcalde, a concelleira de urbanismo e o arquitecto do concello.
Trataránse os seguintes puntos:
  1. Formalización do contrato do servizo municipal de abastecemento de auga.
  2. Recepción da urbanización.
  3. Varios: beirarrúas, parque…
Advertisements

Etiquetas:

15 Respostas to “Convocatoria reunión no concello”

  1. Manuel Says:

    A Asoc, non vai facer ningunha xuntanza previa cos veciños para coñecer as nosas opinións?

    Non imos ir a esa xuntanza cunhas peticións faladas cos veciños?

    Tendo en conta que eses sons os derradeiros días para pagar, parece claro que se renuncia a calquera negociación co concello en canto a aprazamento dos pagos ou mesmo renegociación deste “imposto revolucionario”. 180 € é unha barbaridade.

    Penso que dende a asociación habería que presionar algo máis a un alcalde que pasa de nós dende que era concelleiro, e facer algo máis.

  2. Xurxo Bértola Says:

    Persoalmente creo que formalizar o contrato sen celebrar esta reunión non ten moito sentido. Vós que pensades?

  3. Manuel Says:

    Estou dacordo.

    Pero despois da reunión só quedarán tres días para formalizalo.

    Dubido si o Alcalde quererá “negociar” algo a tres días de remata-lo prazo e como xa dixo a oposición con “cero protestas dos veciños”

    Unha magoa non ter vontade de facelo antes. Un concelleiro da oposición quería ter unha xuntanza este luns, falou co presidente da asociación pero parece que este preferiu ir directamente a esta reunión co concello.

  4. Xurxo Bértola Says:

    Penso que neste asunto, as protestas poden ter o seu efecto, pero o efecto maior conséguese vía legal, que aí sei eu que andan con pés de chumbo. E pola vía legal coido que xs veciñxs temos todas as de gañar. Como é posible que a metade das vivendas da urbanización teña licenza de primeira ocupación e a outra metade non a teña? Ademais, non hai ningunha vivenda que ocupe ilegalmente ningún terreo. Curiosamente, todo se arranxa se a veciñanza paga os custos de reformar os terreos. Estou farto desta situación.

  5. Manuel Says:

    As protestas por si soas non serven, mais é unha forma de ter visibilidade, que ao fin é o que lles molesta, a foto dos veciños cabreados. Hai que sentarse a falar, pero sabendo que os veciños estamos cabreados.

    Vivimos no medio da nada. Só somos veciños de Teo para pagar.

    Pola vía legal… O propio alcalde escribiu unha folla de ruta para a legalización cando era concelleiro no 2009, cousa que agora ignora. Todo é unha cuestión de vontade política. O concello non vixiou o cumprimento da legalidae na construcción e agora vai pola vía doada que é criminalizar aos veciños. Un caradura que non debeu ler o programa político de AGE.

    Pero o inmediato, o da auga é un abuso. Moito carto, pouco tempo e nungunha facilidade de pago.

    • Xurxo Bértola Says:

      Estou totalmente de acordo. Matizaría o de caradura, aínda que con nós (Augas Mansas) podemos dicir que así é, por desgraza para todxs. Veremos que pasa nesa xuntanza. O que si podemos é avisar a prensa para que nos atenda despois da reunión e informar das nosas conclusións. Logo tamén podemos facer un pedimento de sinaturas en Change ou en Avaaz, porque adoita ser un método moi efectivo.

      Por certo, que Manuel es, que non te sitúo?

      • Manuel Says:

        O de caradura (o mellor foi demasiado), digoo porque o trato coa urbanización ten pouco de educado (a carta é unha ameaza, que por certo chegou sen acuse de recibo), non temos servizos e págamolos coma todos. Non hai vontade de arranxar o tema. Para o maldito polígono modificaron o que fixo falla. E para poñer dous bancos ridículos con tres ramallos a dous metros do lixo, non pediron opinión.

        O da prensa está ben, mais quen vai falar. O presidente da asociación? Non meu nome non, que non lle interesa a miña opinión, polo menos non ata o día 15. O normal sería consensuar unha postura dos veciños e ser unha voz.

        Que dia a oposición, só un concelleiro se interesou e déronlle coas portas no nariz.

        No punto 3 Varios. Só beirarrúas e parque. Haberá que saber tódolos puntos a falar, ou?

        Eu vou facer un escrito de protesta para rexistrar no concello, invito a facer o mesmo para que o Alcalde non diga que non lle constan. O das sinaturas paréceme ben, e fariao a man, porta a porta e antes do 15.

        Non nós coñecemos son o do 88

  6. Xurxo Bértola Says:

    Ben, Manuel, acabo de falar co avogado que nos asesorou cando eu era presidente da Asociación de AAMM e coméntame que a proposta do Concello nos beneficia porque se está recoñecendo que temos as nosas vivendas en regra, pois é un contrato asinado coa propia institución municipal. Non lle dá máis importancia ao tema da licenza porque esta só vale para ter dereito aos suministros (a compra-venda pódese levar a cabo sen ningunha merma de dereitos, etcétera). Así que el recomenda que se asine o contrato porque é un xeito rápido de arranxar o tema. En canto a cota de alta di que é normal, que consultemos noutros concellos, pero que el deu de alta a auga na súa casa de Roxos e que lle cobraron unha cifra moi similar.

    Así que, como ves, as cousas non son tan negativas como poden parecer. Quizás estamos demasiado resabiados co tema e desconfiamos de máis.

    Esta é aponión dun avogado que con nós sempre deu atinado nos nosos problemas. Persoalmente confío moito nel.

    Saúdos.

    Xurxo (nº 53)

  7. Manuel Says:

    Está ben que fixeras a consulta, ó que redunda en que a asociación debería informarnos antes da reunión.

    Non sei en que podemos estar resabiados e desconfiados.

    Eu só digo que non son formas de dirixirse a veciñanza (repito, con ameaza de cortar o subministro) e que pode ser que haxa veciños que precisen ter facilidades de pago, cousa que non se explicita por ningures.

    Por outra banda, alguén garante nalgures que o señor Alcalde ou o que veña despois non decida pedir os atrasos?

    Creo que o feito de pagar IBI xa é un recoñecemento implícito de que existimos. Pero namentras non nos legalicen, o concello aforra.

    Agora ben, existimos cando hai que pagar, para que arranxen as estradas ou para ter beirarrúas, xa é outro cantar.

    Por non falar da premura para cobrar e tardanza para falar connosco.

    En fin, o pobo non protesta e así nos vai.

  8. Xurxo Bértola Says:

    Manuel, coido que non é bo meter todo xunto nun paquete e axitar. Tes razón en moitas cousas, sobre todo na última. E máis que protestar, o pobo o que debemos facer é participar. Fun presidente da Asociación e sei moi ben o que digo. A bos entendedorxs… Eu tamén estou moi cabreado e tamén resabiado, porque o tema da auga e o da recepción da urbanización é un tema que lle esgota a paciencia a calquera. Sigo mantendo que o trato do Concello con Augas Mansas é moito máis que mellorable, por varias razóns, e así debemos facerllo saber ao equipo de goberno.

    Con respecto ao dos atrasos, prefiro non comentalo aquí.

  9. Manuel Says:

    Amigo Xurxo, a mestura está nos tres puntos da “orde do día” que están nesta entrada do blogue, quen mestura?.

    Xa está ben, se queren que cumpramos as obrigas, que cumpran eles cos dereitos. Porque os nosos cartos ben lles valen pero os nosos dereitos… “ya tal”.

    Protestar non queredes, pero sairos duas reseñas nos xornais e xa foron suavizando o discurso. Algo si que sirve.

    Por outra banda, non sei que entendes por protesta, eu falo de un escrito con sinaturas, p.e.

    A asociación é un xeito de participar, si, pero sin convocar aos veciños?

    O concello na carta só pide o carto, nin tarefas, nin dereitos, nin datas de instalación, nin información de exencións a familias desfavorecidas.

    Ó mellor ten razón un que no Correo dexou escrito que somos todos ricos.

    Só digo que parece que estades máis preocupados polo concello que polos veciños.

  10. Xurxo Bértola Says:

    Que me digas a min iso de que me preocupa máis o Concello que xs veciñxs é que está claro que non me coñeces. En calquera caso, coido que nesa reunión sairán as sensibilidades que hai na veciñanza e que estaría ben que se manifestasen sen complexos. Concordo que, na forma, a carta depositada nos buzóns, non é «normal», como non é normal a situación da urbanización (quero pensar que se fixo así por algún motivo que o da simple recadación, tema importante, porque a metade das vivendas vai para dez anos que consumimos auga sen pagar). A ver que acontece nesa reunión, que espero teña unha afluencia masiva para que se escoiten as voces que cómpre escoitar.

  11. Manuel Says:

    Entón como explicas que non haxa xuntanza previa da veciñanza. Será porque un concelleiro da oposición interesouse en falar cos veciños.

    Non, non te coñezo, mais non entendo que digas que teño razón, e que estás farto do concello. Temos unha oportunidade moi boa para esixir os nosos dereitos e o cumprimento das promesas do Sr Sisto cando era concelleiro. Si queren que paguemos que recepcione.

    Xa verás que risas como teñamos que mover os depositos do gas ou as antenas, ou tirar a entrada dos garaxes… A ver quen paga iso.

    Abusan de nós porque nos deixamos.

    Vivimos nunha urbanización que da pena, nin unha pista de deportes, nin parque, para ir a Cacheiras a pé hai que xogarse a vida…

  12. Xurxo Bértola Says:

    Non será porque desde a asociación non se traballou por todo iso que comentas. Eu non sei onde estabas ti, pero eu sei onde estaba eu e algúns e algunhas máis. Cónstame que a directiva actual está disposta a que persoas con ánimo se fagan cargo.

    Comigo non veu falar ninguén, actualmente son un veciño máis e descoñezo se un concelleiro quixo contactar connosco. Supoño que se dirixiu á directiva, pero non teño noticia. E se non houbo unha reunión previa, iso non me preocupa demasiado. Todxs sabemos moi ben cal é a problemática desta urbanización. O caso é que esteamos moitos e moitas ese día e que manifestemos as nosas necesidades e pareceres.

  13. Manuel Says:

    Aínda que esa pregunta sona algo a pedir “carnés de cristiano viejo”…

    Vouche decir onde estaba, a mil quilometros da casa, emigrado.

    De tódolos xeitos, non estaba daquela pero agora si estou. Aínda así penso que unha asociación á que non lle podo decir o que penso dificilmente pode representarme. E pode ser que se traballara moito, nunca o dubidei, e agradezoo, mais, agora temos unha oportunidade de ouro, e hai que presionar ao concello porque unha década é máis que abondo para solucionar isto.

    Que asinen papeis que de “boquita” non vale nada.

    E dende logo os xeitos de comunicarse coa veciñanza do Sr Sisto son demasiado agresivos.

    P.D: O concelleiro con moi bo criterio, dirixiuse ao presidente da Asoc. E propuxo unha reunión para esta semana, pero vese que non e cousa de molestar o Alcalde, que tan ben nos trata.

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s