Con motivo de mellorar a conexión dixital da nosa urbanización, o presidente da asociación de veciños de Augas Mansas de Teo, na súa representación, solicitoulle ao operador Telefónica de España que proceda o antes posible á instalación e repartición de cables e equipos de fibra óptica, de forma gratuíta, necesarios para ter acceso ás redes de telecomunicacións de banda ancha e sen conectar aos servizos existentes.
No caso de producirse algún dano durante a dita instalación, na urbanización ou a terceiros, como consecuencia da súa realización, o operador causante será responsable dos mesmos, procedendo á correspondente indemnización unha vez finalizada a mesma.