Acordos da reunión da Comisión de San Xoán 2014

by

Na reunión da veciñanza de Augas Mansas do 19 de xuño de 2014 para tratar sobre a organización da fogueira de San Xoán e debido ao mal tempo que semella aveciñarse (cunha alta probabilidade de chuvia para o luns día 23 segundo as últimas previsións que poden consultarse p.e. no seguinte enlace) acórdase deixar a festa-sardiñada para o vindeiro venres día 27 e, se fose posible, a noite do luns 23 facer só o tradicional lume.

En canto aos hinchables para os «peques», xa que logo non poden utilizarse ao mollarse nin 5 minutos, montaríanselles tamén o mesmo venres.

Por outra parte, respecto a algunhas inquedanzas pola contratación dun seguro especial e á marxe do seu alto custo considerase que aínda que poidera ser recomendable non sería preciso xa que a responsabilidade por solicitar a autorización do lume é só para o cumprimento das normas de sentido común destas fogueiras, que toda a veciñanza deberá respectar para que esta celebración popular transcurra coa mesma normalidade ca sempre e que se recordan a continuación:

NORMAS DA ALCALDÍA DO CONCELLO DE TEO
DE OBRIGADO CUMPRIMENTO PARA A
FOGUEIRA DE SAN XOÁN

O Departamento de Medio Ambiente do Concello de Teo informa sobre as normas para as fogueiras da noite de San Xoán:

1ª) O solicitante será o responsable do cumprimento das presentes Normas

2ª) O volume do combustible da fogueira non sobrepasará os 8 metros de perímetro e os 3 metros de altura.

3ª) A separación entre as fogueiras e os edificios e árbores serán como mínimo de 12 metros

4ª) Terase especial coidado de non situalas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, así como de que non arredores non exista ningún local no que se almacenen productos inflamabeis.

5ª) Prohibirase a queima de pneumáticos, plásticos, espumas de poliuretano, aceites, etc, e en xeral de calquera sustancia que ó arder desprenda fume tóxico.

6ª) En ningún caso se botarán ó lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprays), aínda que estean baleiros.

7ª) No suposto de que a fogueira se faga sobre terreos de uso público enlousados, os organizadores encargaranse de protexer o pavimento cunha capa de area de, alomenos, 10 cms.

8ª) Ó finalizar a fogueira e antes de abandonar o lugar da mesma, os responsables da organización coidarán de que as cinzas queden totalmente apagadas e comprométese a retirar do lugar da celebración todos os restos que queden nun prazo máximo de 48 horas.

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s