A Piscina da Ramallosa e mais a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación Veciñal convocan unha tarde para que os socios e sociais das asociacións veciñais poidan gozar de xeito gratuíto das seguintes actividades:
- Piscina cuberta
- Xogos para nenos na pista multideporte de 17:30 a 18:30
- Sala de actividades, clases de ximnasia de media hora para adultos de 17:30 a 18:00 e de 18:00 a 18:30.
DIA 3 DE MAIO, SÁBADO TARDE, a partir das cinco.
Para participar nesta actividade, cómpre inscribirse e os/as veciños interesados/as poden poñerse en contacto con Xurxo Bértola, na casa 53 ou a través desta canle, para facelo.