Desde a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación Veciñal comunícannos que “parte dos voluntarios e voluntarias van coller vacacións e sería moi importante poder contar con algún reforzo para non paralizar os servizos do banco de alimentos e do roupeiro municipal”. Quen teña algo de tempo libre e ganas de partillalo nunha actividade solidaria, animámolo a colaborar.
