Prezados veciños,
Convocámosvos á Asemblea Xeral que se celebrará o vindeiro 19 de xuño no local da Asociación A Baiuca de Solláns, que amablemente nos cede de novo o seu espazo de xeito desinteresado para que poidamos realizar a nosa reunión, que comezará ás 20:45 en convocatoria única.
A orde do día da asemblea odinaria é a seguinte:
- Aprobación das contas do exercicio 2012.
- Constitución da comisión para a festa de San Xoán.
- Estudo e aprobación, se procede, de nova proposta económica para os labores de administración.*
- Propostas e consultas.
*A directiva vén de recibir unha proposta económica moi interesante que se someterá á decisión da Asemblea.
O local da Asociación A Baiuca está preto do Restaurante Neira, en Solláns (ver plano). Dispón de amplo aparcadoiro.