‘El Correo Gallego’ manipula unha noticia publicada na web da AVV de Augas Mansas

by

Referente ao ” desvarío ” publicado no xornal El Correo Gallego, como presidente da Asociación de Veciños de Augas Mansas e responsable da noticia publicada na web da nosa entidade recollida nesta suposta información de El Correo Gallego, protesto enerxicamente ante esta interpretación do contido da información por nós publicada.

En primeiro lugar, sinalar que é o propio Concello o que convoca o encontro entre as asociacións para tentar conseguir unha interlocución co asociacionismo veciñal así como darlle pulo á colaboración entre as diferentes asociacións de Teo.

Tamén que esa reunión previa entre asociacións foi convocada polo Concello para establecer unha serie de puntos sobre os que sustentar o debate nesa xornada convocada para hoxe mesmo, 24 de maio, e na que nos reuniremos todas as asociacións e mais o Concello para articular mecanismos que, precisamente, superen a situación actual. Os puntos recollidos na noticia da nosa páxina web son precisamente reflexións feitas ante responsables designados polo Concello de Teo e non, como pretende o autor da noticia publicada polo Correo Gallego, un toque de antención unilateral por parte da Asociación de Veciños de Augas Mansas.

Nestes tempos avoltos que nos toca vivir, nos que a política sofre dunha desafección cidadá sen precedentes no período democrático, o papel de certo “xornalismo” está contribuíndo tamén a un desapego de moitos cidadáns e cidadás cara a certos “profesionais” da comunicación que aproveitan para espallar aínda máis esa desafección nunha carreira por demostrar que “todos son iguais”, converténdose en verdadeiros mercenarios da intoxicación interesada.

Por iso, gustaríame deixar ben claro que isto non é unha noticia, senón máis ben un artigo de opinión asinado por O.D. BARCALA, unha opinión revirada e, polo que semella, malintencionada que fraco favor fai á información veraz e obxectiva á que os cidadáns temos dereito.

Advertisements

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s