O Concello de Teo vén de convocar a todas as asociacións veciñais do municipio para levar a cabo unha xornada de encontro co obxectivo principal de “identificar, a través do diálogo e o debate, propostas de mellora nas relacións entre o Concello e as Asociacións, así como nas dinámicas colaborativas entre as propias asociacións. A participación está aberta a todas aquelas persoas da Asociación que queiran participar. Por iso, queremos animar a vosa entidade a que faga a máxima difusión para que teñan un maior coñecemento da celebración xornada”.
Pola nosa parte, desde a directiva da AVV Augas Mansas, animámosvos a participar activamente neste encontro.
Nunha reunión previa con persoas das diferentes directivas das asociacións identificáronse as seguintes problemáticas:
Relacións entre Concello-Asociacións:
- Abandono total por parte do concello das asociacións de veciños.
- Falta de información das subvencións que corresponden ás asociacións.
- Escasa presenza, por parte do concello, nas asociacións de veciños.
- Falta de consulta cos veciños por parte do concello.
- Pouca estimulación de actividades dentro das asociacións.
- Escasa potenciación das relacións entre asociacións.
- Necesidade de convocatorias de xuntanzas con antelación mínima de dúas semanas.
- Necesidade de nomear a un coordinador coas asociacións, que centralice ou canalice as demandas das asociacións.
- Falta de comunicación e diálogo/debate entre o Concello e as Asociacións. Necesidade de establecer canles.
- Necesidade de actualización dos datos das asociacións na web do concello.
- A web municipal é unha ferramenta pouco participativa.
- Necesidade de facer as Xornadas do asociacionismo co concello.
- Descoñecemento sobre cal son ás demandas ou esixencias do concello con respecto ás asociacións.
Grupo sobre dinámicas colaborativas entre as propias asociacións:
- A dispersión xeográfica dificulta as relacións entre AAVV.
- Falta de comunicación entre asociacións e competencia entre parroquias pequenas e grandes.
- Moitas asociacións atenden necesidades moi locais e cada un limítase a solucionar o seu problema.
- Necesidade de formación para a participación (mellorar a dinámica de traballo dentro das entidades).
- Necesidade dun espazo de comunicación virtual entre asociacións.
- Pouca colaboración derivada do descoñecemento das cousas que traballa cada entidade. Existen prácticas colaborativas que non se aproveitan.
- Política de comunicación mal deseñada e pouco práctica (boletín, web…).
Data, horario e lugar da xornada: venres 24 de maio, en horario de 20h00 a 22h00, no Salón de Plenos da Casa do Concello de Teo.
Unha opinión sobre “24 de maio, Xornada de encontro do asociacionismo teense co Concello”