Facémonos eco desta convocatoria que nos envían desde o concello:
Estimados e estimadas veciños :
Como de seguro sabedes hai esta en marcha un proceso para a instalación dun parque eólico nos montes de Teo. Tratase dun proxecto concedido a unha empresa do grupo, ou vinculada, Jealsa de Boiro, e vai a suponer a instalación de 9 aeroxeneradores de gran capacidade nos montes de Teo e Padrón, este último concello no linde con Lampai. As parroquias de Rarís, Lampai e Luou van a ser os lugares onde se instale este parque e os mais afectados en primeiro lugar, aínda que va a ser visibles dende a maior parte do concello. O espazo onde se van a colocar é unha das zonas mais fermosas e mais descoñecidas doconcello. Este espazo esta plagado de Mamoas (hai mais de trinta catalogadas e outras moitas que aínda non o están) de petroglifos (cada pouco tempo se localizan novos) e dunha riqueza paisaxistica e natural inédita para moitos e moitas veciños do concello.
É por isto, que esta concellería, xunto coas asociación de veciños de Lampai, Luou e Raris organizamos unha ruta de 7 km por este espazo para o vindeiro día 30, ás 17.30 horas. Rogamos que difundades esta información, xa que é importante coñecer este entorno antes de que mude para sempre.
Un saúdo
Ignacio Iglesias villar
Concellería de Benestar Social e Igualdade
Concello de Teo
Cartel anunciador da convocatoria [PDF, 33KB].