Estamos reactivando á lista de correo da asociación en googlegroups. Pode ser de utilidade para tratar asuntos entre asemblea e asemblea. Algún dato sobre a lista, para quen non estea ao tanto:
¿Qué é a lista de correo de Augas Mansas?
É un medio de comunicación de grupos; un sistema de distribución que fai que tódalas mensaxes enviadas a un enderezo sexan automáticamente reenviadas aos correos de todas as persoas suscritas á lista.
Concretamente no noso caso, tódalas mensaxes enviadas a augasmansas@googlegroups.com
serán recibidas por tódolos veciños suscritos á lista.
¿Cómo me suscribo á lista?
Solicitándoo no correo de contacto da asociación. Hai un único requisito para poder entrar na lista: ser veciño/a de Augas Mansas. No correo que nos envíes simplemente tes que indicarnos o número de chalet no que vives.
¿Cómo sei que unha mensaxe provén da lista de correo?
Tódalas mensaxes que se envíen á lista se identificarán coa etiqueta [augasmansas], que aparecerá sempre, automáticamente, no campo “asunto”.
¿Que ocorre se contesto a unha mensaxe da lista de correo?
O feito de que unha mensaxe leve no asunto a etiqueta [augasmansas] implica que dita mensaxe foi rebcibida por tódolos veciños. E se respondedes a esa mensaxe, tódolos veciños leerán a vosa resposta. Se o que queredes é escribir un correo só para a directiva, escribide ao correo de contacto da asociación. Se queredes que o lean todos os veciños, enviádeo a augasmansas@googlegroups.com
.
¿Calquera pode enviar mensaxes á lista de correo de Augas Mansas?
Non, só poderán enviar mensaxes a augasmansas@googlegroups.com
as persoas que estean suscritas á lista.
¿Quen pode ler as mensaxes da lista?
Só poderán ler as mensaxes da lista de correo as persoas que estean suscritas. É unha lista privada; os non suscritos non poden acceder a ela.
¿Como me dou de baixa da lista de correo?
Aquí: http://groups.google.com/group/augasmansas/subscribe
Se con ese enlace non o consigues, escribe ao correo de contacto da asociación e o facemos nós mesmos.