Como sabedes, hai convocada unha asemblea para o vindeiro luns 18 de xuño ás 19.30h (e se non estábades enteirados, avisade, para que lle deamos o voso correo á gestoría). O PDF con dita convocatoria está aquí.
Nesta ocasión a reunión celebrarase nun sitio diferente ao habitual: no local da Asociación de Veciños A Baiuca, a carón do restaurante Neira. Máis ou menos onde está a flecha verde:
Vémonos alí.
Nota (18 de xuño): actualizamos o mapa para precisar mellor o lugar da reunión, seguindo as indicacións que Xurxo da nos comentarios. É no marcador azul.
Ola a tod@s, non é exactamente onde está a frecha verde (ese é o restaurante Neira), senón no edificio do lado (o do abaixo no mapa). É o que está xusto en fronte da marca “A” (vermella). Vémonos alí.
Rectifico o emprazamento do local da Baiuca: Indo de Augas Mansas, segundo se pasa o restaurante Neira, cóllese a primeira pista á dereita e, xusto a carón dun chalet valado con tullas grandes, é alí. Perdoade os datos errados, pero entendera mal.
Deixo o mapa onde está a situación real exacta:
https://maps.google.es/maps/ms?msid=201846444712339457354.0004c29507e55d538b3e9&msa=0&ll=42.827922,-8.5719&spn=0.004556,0.006899&iwloc=0004c2950a40954576033