Esta fin de semana…

by

Facémonos eco de dúas actividades que terán lugar esta fin de semana en Teo:

Por unha banda, o Concello convoca á veciñanza a un novo roteiro interxeracional, esta vez por Recesende (en anteriores ocasións fíxose en Lampai ou Luou, por exemplo). Será este domingo 10 de xuño; saída ás 11:30 da escola de Recesende, chegada ás 13.30. A distancia a recorrer son 2 km e vai dirixido a persoas de entre 3 e 93 anos.

Outro asunto interesante é que (citamos de concellodeteo.com) o vindeiro sábado, 9 de xuño, inaugúrase o Mercado do Alimento Labrego, que terá carácter semanal e que se desenvolverá na praza contigua á Casa Común dos Tilos, entre as 10 e as 14 horas. O novo mercado é unha iniciativa de venda directa que lles ofrece aos cidadáns uns produtos fiables e de calidade e para os produtores da zona configúrase como unha alternativa de futuro e de xeración de emprego.

Máis información sobre o Mercado do Alimento Labrego aquí.

Advertisements

Unha resposta to “Esta fin de semana…”

  1. Xurxo Bértola Says:

    A iniciativa do mercado pode ser moi ben acollida pola veciñanza. Espero que sexa un éxito para nos poder beneficiar mutuamente, labregos e veciños de Teo.

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s