Incendio na fábrica de cepillos

arde a fábrica de cepillos

Esta mañá alguén provocou un importante incendio na fábrica de cepillos abandonada que temos ao lado. Formouse unha densa e grande columna de fume negro, tóxica, segundo Protección Civil (a parte do que se quemara dentro da nave, que non sabemos o que foi, ardeu tamén parte do extenso tellado de uralita; un material que non é precisamente inocuo e do que hai moitos metros cadrados na vella fábrica).

O incendio comezou arredor das 13h; os membros de Protección Civil chegaron prontiño cunha unidade antiincendios, aínda que o lume non quedou extinguido ata despois de que chegaran os bombeiros, ao redor de tres cuartos de hora máis tarde (un prazo non moi tranquilizador… alguén dicía que tiveron no mesmo momento outra incidencia en Montouto; de aí a tardanza).

Algunhas fotos máis do percance (facendo clic nelas accédese a unha versión máis grande):

arde a fábrica de cepillos

incendio fabrica cepillos augas mansas

incendio augas mansas

Máis fotos despois do enlace…

incendio augas mansas

incendio fabrica augas mansas

incendio augas mansas

Actualización: Carlos envíanos tres fotos máis:

incendio

incendio

incendio

Advertisements

Unha opinión sobre “Incendio na fábrica de cepillos

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s