Xa están na web as fotos da noite de San Xoán e da sardiñada de 2010. Este ano hai poucas porque, dos dous fotógrafos que temos habitualmente, un estaba de viaxe (e coa cámara estropeada, para máis INRI), e o outro estaba asando chourizos.
Advertisements
mirei o blog, e últimamente parece que o leva algún nacionalista, xa esta ben de sacar notas de prensa de Oliveira,que e unha asociaón de clave Nacionalista, Mofa … nacionalistas, en fin, somos moitos os que vivimos aqui e non todos somos nacionalistas. Alguen mais imparcial por favor
so información que interesa a comunidade.
gracias
Antonio, tanto a visita de Xabier P. Docampo como a de Quico Cadaval e Mofa e Befa foron anunciadas aquí polo seu interese cultural e literario. Nin máis nin menos.
Anímote a que cando teñas noticia de calquera cuestión que poida interesar aos augamansinos a comentes por aquí ou a envíes ao enderezo de contacto para poñela no blog e facelo así o máis completo e útil que se poida. Un saúdo.