Como sabedes, a xente que viña organizando a sardiñada tódolos anos ata agora xa non pode seguir organizándoa. Pepe (chalet 44) animouse nun comentario feito onte aquí en augasmansas.com a tomar o relevo e adicar algo do seu tempo libre para tratar de organizala este ano. Obviamente esto é algo que non poderá facer el só, así que, por favor, calquera persoa que teña ganas de que esta festa nosa non desapareza e estea mínimamente animada a botar un cable, que deixe o seu nome abaixo nos comentarios, ou que escriba a augasmansas (arroba) gmail.com ou, preferiblemente, que chame a algún dos teléfonos que figuran no papel que poremos en tódolos buzóns de Augas Mansas esta mesma noite.
En canto aparezan uns poucos voluntarios xuntarémonos para tomar un café e organizar o asunto. Esta petición de axuda vai dirixida a tódolos veciños, incluidos, por suposto, os anteriores organizadores: sería moi de agradecer que algúns de vós vos apuntárades tamén, cando menos a ese café no que organizaremos a festa, para transmitirnos parte da sabedoría sanxoanil que fóchedes acumulando ao longo destes anos…
Actualización (5 de xuño): Xuntámonos uns cantos; quedamos mañá domingo ás 20.30 no Pórtico para empezar a organizar o asunto.