Un día sen gas

fotografía de AZAdam
Foto: AZAdam (CC)

Parece ser que onte, 9 de novembro, rompeu unha tubería de auga en Cacheiras; houbo unha fuga con filtracións á rede de canalización de Gas Natural e esto provocou unha avería que fixo que estivéramos todo o día sen servicio de gas. Segundo acaban de dicirnos desde a empresa, “a avería quedou restablecida onte á tarde”. Sen embargo somos moitos os que aínda nesta mañá de martes non temos gas, nin auga quente nin calefacción.

Suxírennos desde Gas Natural que probemos a apaga-la caldeira, pecha-la chave do gas durante 15 minutos, e encendela de novo. Convén ademáis, mentras está apagada, presionar o botonciño que hai á dereita desa caixiña metálica circular que está cerca da caldeira, no conducto do gas. Se despois disto segue sen funcionar, teríamos que chamar ao servicio técnico: o teléfono de urxencias, gratuito, é o 900 750 750; o de reparacións (ao que posíblemente nos derivarán) é un 902 (902 350 053), de pago (aínda que sexamos clientes de Gas Natural, a atención telefónica ao cliente hai que pagala a maiores; ademáis, no meu caso tiven que chamar sete veces para recibir axuda –se están ocupados non comunica: entra a chamada, soa unha breve grabación robótica e comunicación se corta, co cual hai que volver marca-lo 902 e, lóxicamente, apoquinar máis: mal servicio de atención telefónica de Gas Natural.)

E, xa que estamos a falar de enerxía, aproveitamos para preguntar: ¿notáchedes unha subida na factura de Fenosa? Somos varios os veciños que, sen ter feito nada especialmente diferente a outros meses, notamos un encarecemento considerable na última factura, a de outubro.

Advertisements

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s