A piscina xa está aberta

by

Piscina apta para el baño

O venres pasado quedou limpa e apta para o baño a piscina de Augas Mansas. Desde xa podemos disfrutar da nosa oceánica masa de auga e as inmensas pradeiras que a arrodean. Recordade que, para garantiza-lo mantemento da paz de espírito veciñal convén ter en conta algunhas normas básicas de sentido común que non faría falta mencionar, como por exemplo: abstenerse de xogar a fútbol, baloncesto, rugby, hockey, waterpolo, rugby, taekwondo ou similares dentro do recinto (téñense dado casos); non botarse á piscina ao estilo bomba máis de dezasete persoas á vez (moi posiblemente téñense dado casos); non deixar a chave da piscina a xente que non é da urbanización (téñense dado casos); ser comedido á hora de traer visitas; paga-las cuotas de mantemento, e este tipo de cousas. A desfrutar.

6 Respostas to “A piscina xa está aberta”

  1. xoan Says:

    bombas de 17 persoas? e iso? dende cando? ademáis pon de 17 ou máis entón de 4 ou 5 que é o que se fan pódese? pa iso que tamén todos respeten as normas toda a xente non so os rapaces porque hai adultos que veñen con amigos os fillos os amigos dos fillos dos amigos. non é un comentario pensado para ofender so para dar opinión e facer unha crítica constructiva. saudos meus !

  2. óscar Says:

    Xoan, algúns dos consellos para mante-la paz veciñal están escritos medio de chirigota. É un xeito de recordar que convén ter sentidiño :) Saúdos.

  3. ITO CASTRO Says:

    OSCAR, ADEMAIS DE DEBUXANTE , VEXO QUE SE CHE DA BEN A LITERATURA¡¡¡¡JA JA JA
    ERES UN ARTISTA CA RETRANCA….AGARDEMOLA EFECTIVIDADE DAS SUXERENCIA, E SE NON ………..A FOGUEIRA CON ELES¡¡¡¡

  4. xoan Says:

    Insisto en que se aplique as normas tamen aos adultos… porque moita xente da nosa xeracion non cumpre as normas. Un detalle que non m gusta e que se permita fumar no recinto….., ainda que se estea ao aire libre e un lugar con moitos rapaces… e non teñes porque soportar o fume e o cheiro do tabaco….. Pero bueno aqui parece que solo esta mal feito o dos rapaces… Nos sempre facemos todo ben ¿non?

  5. daniela Says:

    hay q limpa mas veces la piscina!

  6. veciño Says:

    estou totalmente dacordo… este ano houbo dias que a piscina parecia que non se limpaba… chea de herbas, pelos a auga turbia…. A ver si lle poñemos as pilas a empresa o proximo ano porque todolos anos pasa o mesmo e sempre hai algun dia que a piscina esta bastante sucia…

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s