Actualización 29/04/09: a asemblea comezará ás 19h, non ás 19.30h.
Informámosvos de que o próximo xoves 30 de abril terá lugar unha nova asemblea de veciños no Restaurante Pórtico. Comezará ás 19.30h e contará coa presenza do alcalde de Teo, Martiño Noriega, e do concelleiro de urbanismo, Rafa Sisto, que asistirán para despexa-las dudas que teñamos relacionadas co único punto da orde do día: a situación legal da urbanización (licenzas de primeira ocupación, problema dos avales da promotora, etc.).