Operarios do concello están a colocar estes días os sinais cos números das casas de cada rúa de Augas Mansas, solicitados hai varios meses pola directiva da asociación de veciños. É unha boa noticia para os augamansinos, e tamén para os repartidores de pizza, mensaxeiros, policías, ambulancias, fontaneiros, electricistas, etc, que visitan a nosa urbanización e que a partir de agora xa non terán que chamarnos polo móvil unha vez que cheguen aquí para dicir: “xa estou na urbanización pero, ¿onde queda a súa casa?”.
Por outra banda, informamos que se está a barallar a data para celebrar a próxima asemblea de veciños para tratar o tema da entrega da urbanización por parte de Mahía, o problema do aval, etc. Terá lugar probablemente á volta de semana santa. Informaremos.
gracias a dios ya tenemos las placas!
ahora solo falta un parque para los chicos