O periódico Tierras de Santiago, adicado a temas relacionados coa comarca compostelá, editou hai uns meses un número especial no que recopila e reseña distintos lugares de interés paisaxístico e/ou monumental da zona na que vivimos. Chaián, Pico Sacro, Pedra Longa, Xirimbao, Pontevea… vinte e pico lugares que paga a pena visitar na nosa comarca. Hai unha versión dispoñible en PDF, podédela descargar no enlace de abaixo. Moi recomendable.
↑ unha das páxinas do especial
– Tierras de Santiago: Mucho por descubrir… [PDF, 42 MB]