O PXOM de Teo rexeitado pola Xunta

Fonte da información: web da Concellería de Política Territorial.

Política Territorial resolve non outorgar a aprobación definitiva do PXOM do Concello de Teo, que deberá realizar correccións no seu documento

Santiago, 12 de febreiro de 2008.- A conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride, asinou a Orde pola que resolve non outorgar a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Teo (A Coruña), que deberá realizar correccións no seu documento e remitilo de novo á CPTOPT. A Orde xa lle foi notificada ao Concello e pode ser consultada na páxina web da CPTOPT no apartado de Urbanismo [Orden de 11 de Febreiro de 2009 sobre la aprobación definitiva del Plan General de Ordenación Municipal del Ayuntamiento de Teo (A Coruña) en PDF]. Nela especifícanse as correccións que o Concello deberá introducir no seu PXOM para solventar as deficiencias de xeito que cumpra coa legalidade vixente e que poida ser aprobado.

As principais eivas refírense á capacidade residencial sinalada no documento. Se ben a suma da capacidade prevista en solo urbano, urbanizable, delimitado e de núcleo rural (superficie equivalente a 5.400 novas vivendas) pode corresponderse coa demanda previsible para os vindeiros 16 anos, non ocorre así coa “reserva intemporal” que o PXOM establece para os solos urbanizables non delimitados e que engaden outras 2.725 novas vivendas a longo prazo. Segundo a resolución da Consellería, esta capacidade residencial engadida para o solo urbanizable non delimitado carece de xustificación.

Outras eivas sinaladas por Política Territorial refírense, en xeral, a unha incorrecta clasificación dos diversos tipos de solo con respecto ao que establece a lei. Nas correccións sinaladas pola CPTOPT indícanse zonas que o Plan clasifica como solo urbano que non reúnen as condicións esixidas por lei, e outras clasificadas como áreas de expansión de núcleo rural que deben ser clasificadas como solo rústico de especial protección. De feito, o propio Plan prevé que unha parte importante da capacidade residencial en solo de núcleo rural (ata o 80%) non se vai materializar, polo que non está xustificada a necesidade de prever áreas de expansión. O Concello de Teo tamén deberá xustificar a previsión de varias zonas de solo urbanizable tanto residencial como industrial que polas súas características deberían ser solo rústico.

Doutra banda, a resolución da Consellería sinala que, como consecuencia da Evaluación Estratéxica Ambiental formulada pola Consellería de Medio Ambiente, introducíronse cambios no documento do Plan Xeral que non foron aprobados polo Pleno do Concello.

Igualmente, o Plan deberá incorporar as apreciacións sinaladas nos seus informes pola Dirección Xeral de Obras Públicas e pola Consellería de Medio Ambiente. Finalmente, na estratexia de actuación do Plan non poderá imputarse a administracións ou organismos distintos do Concello de Teo ningún investimento para o que non quede acreditado o correspondente compromiso.

Unha vez realizados os cambios e os trámites oportunos, o Concello, tras aprobalo en Pleno, deberá remitir de novo o Plan á CPTOPT. A Consellería analizará o PXOM para comprobar que se realizaron as correccións esixidas e resolverá sobre a súa aprobación definitiva.

– En La Voz de Galicia: La Xunta deniega la aprobación definitiva del Plan Xeral de Teo.
– En El Correo Gallego: La Xunta rechaza el Plan de Teo por excesivo suelo urbanizable.

Advertisements

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s